Cando temos que expresar cantidades moi grandes ou moi pequenas é moi útil
empregar un tipo de expresións que se denominan notación científica.
En que consiste? Consiste en escribir calquera número como produto dun
decimal e unha potencia de dez. O decimal debe ter só unha cifra antes de coma,
e esa cifra non pode ser cero. Pode haber potencias de expoñente positivo e
potencias de expoñente negativo, para valores inferiores á unidade.
Están ben escritos como notación científica os números:
2,5·102 3,45·1012
-6,03·10-2 1,002·10-3
Están mal escritos como notación científica os números:
0,5·104 23,87·105
-0,03·10-8 154,2·10-3
A notación científica é moi práctica para comparar números moi grandes ou moi
pequenos, bastará comparar o decimal se os expoñentes coinciden, e bastará
comparar os expoñentes se estes non coinciden.
2,5·102 < 4,5·102 < 8,25·102 < 6,4·103
< 1,15·105
Como usar a notación científica nas calculadoras? Concretarei para o uso das
calculadoras CASIO, non por facerlle propaganda se non por ser as máis comúns
entre o meu alumnado.
 |
 |
123456789 x 386 = 4,765432055·1010 |
Cando unha operación dá un resultado que
ocupa máis díxitos que os que entran na pantalla a calculadora presenta o
resultado en notación científica. Aínda que a calculadora preséntao como = 4,765432055 10
Onde non aparece nin o punto do produto nin a base 10. |
 |
 |
Hoxe en día xa hai modelos que inclúen o
signo do produto e a base 10 na pantalla, por iso é fundamental coñecer ben
a calculadora propia. Ah, un consello! Nunca pidas prestada unha calculadora
que non coñezas para facer un exame, sobre todo se é un exame importante. |
Se tes que introducir un número que estea
en notación científica: introduce o decimal, pulsa a tecla EXP e introduce o
expoñente. |
Un erro moi frecuente é introducir tamén o signo do
produto e a base 10, co que consegues multiplicar todo por dez. A tecla EXP o
que fai é introducir precisamente o signo do produto e a base 10, nós só temos
que introducir o decimal e o expoñente. Penso que precisamente o nome da tecla (
EXP) é o que leva a confusión, sería mellor que se denominase por exemplo
(·10x). Queda dito por se algún enxeñeiro de CASIO visita esta humilde
páxina, moitos alumnos agradeceríanlle o cambio.
 |
 |
Se queres traballar sempre en
notación científica pódelo facer a través do modo SCI: pulsa a tecla MODE |
e logo o número
correspondente ao modo SCI, ás veces ese número hai que pulsalo varias
veces. Para saír do modo SCI pulsa modo NORM normal. |
Creo que hai alguén en CASIO que comparte as miñas ideas. Xa temos
calculadoras que cambiaron a tecla de ( EXP) pola tecla máis intuitiva de
(·10x). Os meus recoñecementos para CASIO, moitos estudantes vanllo a
agradecer.
 |
 |
Novos modelos de calculadora
sen a tecla de ( EXP) que tantos erros favorecía. Xa nos podemos
esquecer desta tecla que nos inducía a pensar só no expoñente. |
Acerto de CASIO corrixir esta
tecla que tantas dúbidas creaba. |
|