|
Que
é un problema?
|
Hai quen pensa que os inventaron os profesores para fender a cabeza do seu alumnado. Quen sabe! Pero mentres non se demostre tal hipótese é útil pensar que son retos que poñen a proba a nosa intelixencia. Constantemente a realidade preséntanos interrogantes que só a Ciencia pode axudar a resolver. Por que os corpos caen en vertical e cada vez a máis velocidade? Por que os barcos flotan? Por que pasa calor dos corpos máis quentes aos máis fríos? Por que a luz cambia de dirección cando pasa dun medio a outro? Por que a masa consérvase nas reaccións químicas? Estas e outras preguntas axúdannos a entender mellor o mundo no que vivimos. Os problemas axúdannos a utilizar os descubrimentos científicos para predicir o futuro, ou
o que vai ocorrer nunha situación dada.
|
Que elementos presenta un problema?
|
Os problemas son enunciados que constan de varios elementos:
-
Presentación dunha situación con DATOS numéricos
ou non numéricos referidos ás magnitudes que inflúen no problema.
-
Gráficas, taboas de datos e debuxos son tamén elementos frecuentes nos
problemas.
-
Interrogante sobre un
dato descoñecido, que chamamos a INCÓGNITA.
- E por último, datos
complementarios que son necesarios para a resolución, como valor de constantes,
ou
datos
tabulados.
|
|
- 1º. LE con moita atención o enunciado.
Nel están as
pistas que che permiten resolver o problema. O enunciado é como o lugar do crime, e ti es o policía que debe atopar as pistas que axuden a resolver o caso.
-
2º. VOLVE LER o problema. Case nunca unha lectura única permíteche entender todas as claves do problema. Este punto pódelo repetir todas as veces que faga falta.
- 3º. DATOS: Entresaca do enunciado os datos relevantes, os que che poidan axudar na resolución. Ás veces hai datos non útiles como os nomes dos personaxes, a temperatura ambiente nun problema de movemento, etc. Identifica os datos coas magnitudes ás que pertencen. Transforma as unidades se non son do Sistema Internacional.
- 4º. DESENVOLVEMENTO: É moi importante facer un debuxo ou esquema.
Nel podes indicar os datos. Busca a ecuación ou fórmula que relacione as magnitudes do problema. Logo substitúe os datos e fai os cálculos.
- 5º. SOLUCIÓN: Débese responder cunha frase á pregunta do problema. Non esquezas as unidades que acompañan ao valor numérico da solución.
- 6º. REPASA O PROBLEMA: Comproba se despexaches ben na fórmula. Repasa os cálculos (se podes usar calculadora non se perde moito tempo). Comproba que puxeches as unidades na solución. Analiza logo o resultado para comprobar que é un resultado lóxico, ou que se pode esperar. Ten en conta tamén os signos.
|
|
|