Introducción

Hoxe é

   Logo de todos estes anos prestando un servizo a quenes se achegan con interese ao mundo da nomenclatura química gustaríame compartir convosco algunhas reflexións sobre as normas da IUPAC de Química Inorgánica (Rede Book, 2005; traducido ao castelán Libro Vermello, 2007).

   Estas normas promoven varias tipos de nomenclatura para utilizar nos compostos inorgánicos: Nomenclatura de composición, nomenclatura de sustitución e nomenclatura de adición, ademais dalgúns nomes vulgares aceptados, por exemplo para os oxácidos. No prólogo do Libro Vermello indícase: "Ata agora, non se aplicou aínda á nomenclatura inorgánica o concepto de nomes preferidos pola IUPAC (PINs, nas súas iniciais inglesas),... O futuro proxecto sobre os PINs inorgánicos, xa programado, terá que enfrontarse ao problema de elixir entre os sistemas de nomenclatura igualmente válidos actualmente en uso." Así que ao profesorado de química tócanos convencer ao noso alumnado que os compostos poden ter varios nomes, ás veces tres ou máis, e que os deben aprender todos. Isto non parece moi lóxico. Seguramente Guyton de Morveau, Lavoisier, Berthollet e Fourcroy, sorprenderíanse hoxe do pouco que cambiaron as súas normas de 1787 ao longo do tempo, e sorprenderíanse máis de saber que cada composto non ten un nome senón varios. Sei da dificultade de ofrecer un único nome para cada composto, xa que unha nomenclatura pode destacar pola súa simplicidad e outra por aportar información estructural, tan importante na química, pero o proceso de ensino dificúultase moito cando a nomenclatura non é suficientemente unívoca. Animo á IUPAC nesta empresa que será moi agradecida por todo o profesorado, e máis polo alumnado. 

   Nesta web intentei sempre priorizar algún dos tipos de nomenclatura dependendo do tipo de compostos, adiantándome así á propia IUPAC. Pero non o tomedes como arrogancia, senón un humilde intento de facilitar a nomenclatura aos meus alumnos. Ese sempre foi o meu obxectivo, aínda que a páxina sei, porque mo facedes saber polos vosos correos, que a moitos de vós évos moi útil. A referencia sempre foi o meu alumnado e a experiencia docente con eles compartida. E esa experiencia díctame que o alumnado ve máis sinxela a nomenclatura e formulación cando cada fórmula ten un único nome e cada nome unha única fórmula que o represente.

   Valoro como moi positivo o resumo dos normas IUPAC de 2005 de nomenclatura de Química Inorgánica elaboradas polo Grupo de Traballo de Química Inorgánica da Real Sociedade Española de Química, e as súas recomendaciones para o ensino da nomenclatura nos cursos de Ensino Secundario. Estou totalmente a favor de adaptar as normas de nomenclatura aos distintos niveis educativos, e ese labor é responsabilidade do docente, que coñece o ritmo con que o alumnado pode ir adquirindo coñecementos cada vez máis complicados.

   Para rematar quero agradecer o agarimo que mostrades moitos dos que vos achegades a esta páxina con ganas de aprender. Ese é o combustible que me move a seguir ofrecendo estes contidos sobre nomenclatura e formulación, para que vos sexan útiles e fagan máis fácil achegarvos ao marabilloso mundo da Química.

Carlos Alonso

BREVE PERCORRIDO HISTÓRICO DA NOMENCLATURA QUÍMICA A TRAVÉS DOS TEXTOS

   Desde o principio dos tempos a humanidade deu nome aos metais e demais sustancias. O desenvolvemento da alquimia e as artes aplicadas aumentou o número de sustancias e compostos a nomear. Estes nomes tiñan moi diferente orixe e variabilidade, non proporcionaban información sobre a composición e non respondían a ningún criterio sistemático. A abundancia de sustancias químicas propiciou o interese por crear criterios sistemáticos de nomenclatura química. Este impulso inicial da nomenclatura química sistemática debémosllo a químicos como o sueco Bergmann e principalmente ao químico francés Guyton de Morveau (1737-1816). Desenvolveu un sistema de nomenclatura en 1782 que é a base do noso sistema actual. Este sistema foi desenvolvido en unión con Lavoisier, Berthollet e Fourcroy en 1787. O texto que tedes a continuación podémolo gozar grazas a Google Libros.

   L.B. Guyton de Morveau, A.L. Lavoisier, C.L. Berthollet and A.F. de Fourcroy, Méthode de Nomenclature Chimique, Paris, 1787.

 

   Este novo sistema de nomenclatura tiña paralelismos co sistema binomial de Carl von Linné (Linneo) para a nomenclatura de plantas e animais. Usábanse dúas palabras para denominar aos compostos binarios e os sales. Este sistema case non se altera ata finais do XIX. 

   En 1788 Pedro Gutiérrez Bueno (1745 – 1826), catedrático de química do Colexio de Ciruxía de San Carlos, publica Método de la nueva nomenclatura química segundo as ideas de Lavoisier, Morveau, Fourcroy y Berthollet, so un ano despois de publicarse o orixinal francés. En futuras edicións como a de 1801 inclue os novos principios químicos fundamentais, así como a incorporación do sistema métrico decimal e a sua adaptación ao sistema de pesos e medidas español.

   Método de la Nueva Nomenclatura Química. Traducido por D. Pedro Gutiérrez Bueno. Madrid 1788

   Pedro Gutiérrez Bueno, Nomenclatura química, Madrid, 1801

   A obra de 1788 de Juan Manuel de Aréjula (1755-1830) Reflexións sobre a nova nomenclatura química, queda inconclusa ao coñecer a publicación de Pedro Gutiérrez Bueno, pero afonda na análise dos novos conceptos e na súa adaptación ao castelán. Aréjula colaborou nos cursos de Fourcroy mentres este preparaba xunto a Lavoisier, Guyton de Morveau e Berthollet a publicación da nova nomenclatura.

   Juan Manuel de Aréjula, Reflexiones sobre la nueva nomenclatura química, Madrid, 1788

   Este sistema foi popularizado por Lavoisier no seu "Traité Elémentaire de Chimie" publicado en 1789. Obra fundamental no nacemento da química como ciencia moderna. Podemos ver esta obra en Google libros.

   A.L. Lavoisier, Traité Elémentaire de Chimie, 2ª Edn., Cuchet, Paris, 1793, Vol. I

   A.L. Lavoisier, Traité Elémentaire de Chimie, 1ª Edn., Cuchet, Paris, 1789, Vol. II.

   Juan Manuel Munárriz publica en 1798 una traducción del Tratado Elemental de Química de Lavoisier. Vol. I

   Juan Manuel Munárriz publica en 1798 una traducción del Tratado Elemental de Química de Lavoisier. Vol. II

   Estas novas ideas chegan a España da man de Pedro Gutiérrez Bueno que publica en 1788 o seu Curso de química nol que se aceptan as teorías de Lavoisier sobre a oxidación.   

   Pedro Gutiérrez Bueno, Curso de Química teórica y práctica para la enseñanza del Real Laboratorio de Química de esta Corte, Volumen 1, Madrid, 1788

    Tamén é de interese a obra: "Nomenclatura y clasificaciones químicas" do xermano-francés Ferdinand Hoeffer. Madrid 1853

   El Consejo de la Asociación Internacional de Saciedades Químicas en 1913 crea una comisión para la nomenclatura inorgánica y orgánica, que interrumpe los trabajos debido a la Primera Guerra Mundial. Reanuda el trabajo la Unión Internacional de Química Pura y Aplicada (IUPAC) en 1921, que elabora un primer informe en 1940, que hace tomar conciencia a muchos químicos de la necesidad de una nomenclatura sistemática. Se adoptan acuerdos como: usar el sistema de Stock para indicar los números de oxidación, establecer el orden de citación de formulas y nombres, desaprobar el uso del término bicarbonato, etc.

   As recomendacións da IUPAC revísanse e son publicadas en 1959, á que lle segue unha segunda revisión en 1971. En 1990 realízanse gran número de cambios nas recomendacións da IUPAC. En 1997 atopamos unha tradución ao catalán destas recomendacións.

   No ano 2000 publícanse unhas novas recomendacións que incorporan máis áreas da química, hidruros de nitróxeno, polímeros inorgánicos, compostos organometálicos, etc.

   Nomenclature of Inorganic Chemistry II, IUPAC Recommendations 2000, eds. J.A. McCleverty and N.G. Connelly, Royal Society of Chemistry, 2001. (Red Book II.)

   As últimas recomendacións da IUPAC publícanse en 2005. Na web da IUPAC témolas en formato PDF.

   Nomenclature of Inorganic Chemistry, IUPAC Recommendations 2005, N.G. Connelly, T. Damhus, R.M. Hartshorn and A.T. Hutton, The Royal Society of Chemistry, 2005

   No ano 2007 publícase a versión en castelán destas recomendacións, que ata a data son as últimas publicadas pola IUPAC.

   Nomenclatura de Química Inorgánica. Recomendaciones de la IUPAC de 2005 Neil G. Connelly, Ture Damhus, Richard M. Hartshorn y Alan T. Hutt, Versión española: Miguel A. Ciriano y Pascual Román Polo Editorial: Prensas Universitarias de Zaragoza, junio 2007

 

   BREVE PERCORRIDO POLA OBRA DE D. ANTONIO CASARES RODRÍGUEZ

   O día 24 de Abril de 2012 celebrouse a V edición do Día do Científico Galego este ano dedicado a Dr. Antonio Casares Rodríguez. 

   En 1845 convértese no primeiro catedrático de Química da Universidade de Santiago de Compostela. 

   Foi un dos creadores da análise química e un dos iniciadores da técnica da espectroscopía en España. Debémoslle os primeiros estudos en profundidade sobre as fontes de augas medicinais e os viños galegos. As súas sínteses do cloroformo e éter permitiron as primeiras intervencións cirúrxicas con anestesia en España. Destacou tamén en Mineraloxía. Os seus estudos e docencia abriron a ciencia en Galicia a unha dimensión descoñecida ata entón. 

   Estes son algúns dos seus textos relevantes:

   Progresos das ciencias físicas e naturais no século actual, indicando o influxo físico e moral que as súas aplicacións exerceron sobre a sociedade: Oración inaugural lida na Universidade de Santiago na apertura do curso académico de 1850 a 1851 (Google eBook)

   Tratado práctico de análise química das augas minerais e potables: coas indicacións das fontes de augas máis notables de España, a súa composición, enfermidades a cuxa curación aplicar, e número de enfermos que a elas acoden anualmente (Google eBook)

   Tratado elemental de química xeral, Volumes 1-2 (Google eBook)

 

 


Inicio | Introducción | Nº oxidación | Mecánica | Tipos de substancias | Substancias simples | Óxidos de metais | Óxidos de non metais | Metal - Non metal | Non metal - Non metal | Hidruros | Hidrácidos | H + Non metal | Hidróxidos | Oxácidos | Oxisales neutros | Oxisales ácidos | Exercicios | Taboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licencia Creative Commons
Esta obra está baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química