|
VASO DE PRECIPITADOS
É un recipiente cilíndrico con base plana, e na parte superior un pico ou beizo facilita o vertido de líquidos.
Xeralmente presenta graduación para a medida aproximada do líquido que contén, Pódense atopar de 10, 50, 100, 250, 500, 1000 e 2000 ml.
É o recipiente de uso máis frecuente e variado. Serve para trasvasar líquidos, quentalos, mesturalos, disolver
substancias, realizar reaccións químicas, e moitos máis usos. |
|
MATRAZ ERLENMEYER
É un recipiente de forma troncocónica cunha boca na parte superior. Presenta graduación para a medida aproximada do líquido que contén. Utilízase en volumetrías pola facilidade para ser axitado sen derramar líquido. Tamén se emprega para recoller líquidos en montaxes de destilacións. |
|
MATRAZ AFORADO
É un recipiente en forma de pera, de fondo plano e pescozo alto. Permite medir de forma exacta volumes de líquidos.
Na parte do pescozo presenta unha marca ou enrase, que indica a altura que debe alcanzar o líquido para que o matraz conteña a capacidade que indica. Os de uso máis frecuente son de 50, 100, 250, 500 e 1000 ml.
Utilízase para preparar disoluciones de concentración coñecida e na disolución de mostras nun volume determinado. |
|
KITASATO
É un recipiente semellante ao matraz erlenmeyer cunha saída lateral próxima
a súa boca.
Emprégase para filtraciones por succión, previa conexión a un sistema de baleiro (trompa de auga). Tamén se pode empregar para reaccións con produción de gases. |
|
FUNIL BÜCHNER
É un funil cunha placa filtrante de buracos grandes, polo que para o seu uso fai falta un círculo de papel de filtro algo inferior ao seu diámetro interior. Utilízase para filtraciones a baleiro xunto cun matraz kitasato. |
|
TROMPA DE BALEIRO
Aparello que crea un baleiro aplicando o teorema de Bernoulli. Úsase nas montaxes de filtración a baleiro. Os precipitados adoitan tupir os papeis de filtro e faise necesario crear un baleiro que favoreza a filtración de precipitados de gran fino. |
|
MONTAXE DE FILTRACIÓN A BALEIRO |
|
FUNIL
É un aparello de forma cónica que ten no extremo unha prolongación tubular para facilitar o trasvase de líquidos ou disoluciones dun matraz a outro. Tamén se emprega para filtar por gravidade colocándolle un cono de papel de filtro. |
|
PAPEL DE FILTRO
Material necesario para a filtración, hainos de diferente poro. |
|
PROBETA
É un tubo de vidro con base. Presenta graduación e emprégase para medidas
precisas de volumes. As capacidades máis frecuentes son. 10, 25, 50, 100, 500 e 1000 ml |
|
CRISTALIZADOR
É un recipiente cilíndrico de pequena altura e gran base. Emprégase fundamentalmente para cristalizar
substancias por evaporación do disolvente. Poden atoparse de distintas capacidades e tamaños. |
|
FUNIL DE DECANTACIÓN
Emprégase cando o que se pretende e separar dous líquidos inmiscibles. Ten forma cónica con boca estreita, na parte superior e provista de tapón, e no extremo inferior unha prolongación cilíndrica cunha chave para controlar a separación. |
|
ESPÁTULA
Permite coller pequenas cantidades de produtos sólidos. Poden dispoñer dunha culleriña no extremo. |
|
PIPETA PASTEUR
Consiste nun tubo cun estreitamento no súa parte inferior e no seu extremo superior leva unha pera de goma para succionar o líquido e vertelo posteriormente.
Utilízase para engadir líquidos pinga a pinga. É un instrumento de medida aproximada, xa que o volume das pingas depende da natureza do líquido. |
|
NOZ
Serve para suxeitar unha pinza a un soporte con barra. |
|
PINZA
Serve para suxeitar os aparellos dunha montaxe. |
|
SOPORTE CON BARRA
Empréganse para construír as diferentes montaxes. Xunto coas noces e pinzas suxeitaremos todos os aparellos da montaxe. |
|
MATRAZ DE DESTILACIÓN
É de forma esférica e base redonda. Presenta no colo un tubo lateral inclinado, para ser axustado a un
refrixerante. Emprégase para formar parte dunha montaxe de destilación. Nel férvese o líquido que se vai destilar. |
|
MATRAZ DE FONDO PLANO
Son recipientes de forma esférica con pescozo. Non presentan graduación aínda que si indican a capacidade aproximada do volume. Hai matraces de fondo plano ou redondo, e de pescozo alto ou curto con diámetros variables. Úsanse fundamentalmente para quentar líquidos. |
|
TUBO DE GOMA
Úsase en montaxes para conducción de gases e líquidos. |
|
MONTAXE DE DESTILACIÓN
Formado por unha manta calefactora, un matraz de destilación, un
refrixerante e un colector. |
|
DESTILADOR DE AUGA
Proporciona auga destilada ao laboratorio. traballa nun proceso continuo. Unha entrada de auga prové de auga ao destilador e ao
refrixerante. A auga destilada almacénase nunha garrafa con chave para a súa utilización posterior. |
|
PIPETA GRADUADA
É un tubo de vidro de sección uniforme, cun estreitamento no súa parte inferior. Presentan unha graduación, ou escala de divisións, en 1,0 ml, 0,1 ml ou 0,01 ml dependendo da capacidade da pipeta. As súas capacidades máis frecuentes son: 5, 10, 25 e 50 ml. |
|
ASPIRADOR
Aparello que se usa coa pipeta, actúa aspirando aire e enche a pipeta de líquido, cunha roda facilita o enrase, e un orificio que ao liberalo facilita o trasvase do contido. |
|
MORTEIRO DE VIDRO
Úsase este morteiro para trituración de produtos fáciles de triturar, como sales. |
|
MORTEIRO DE PORCELANA
É un utensilio composto por unha semiesfera oca e un mango. Emprégase para
moer ou pulverizar substancias ou mostras relativamente duras, antes de disolvelas ou fundilas. |
|
TERMÓMETRO DE MERCURIO
Aparello para a medida de temperaturas. A toxicidade do mercurio fai que hoxe estean sendo substituídos polos electrónicos. |
|
TERMÓMETRO ELECTRÓNICO
Úsanse cada vez máis no laboratorio. Pero como calquera aparello electrónico debe ser adecuadamente calibrado. |
|
VARIÑA DE VIDRO
Aparello utilizado para axitar líquidos e facilitar a disolución de sólidos. |
|
FRASCO LAVADOR
Permite dispoñer de auga destilada na preparación de disolucións. Axuda a arrastrar o soluto que queda adherido ás paredes dos recipientes. |
|
TUBO DE ENSAIO
É un recipiente de forma cilíndrica e fondo redondo. Utilízase para realizar ensaios ou probas cualitativas de reaccións con pequenas cantidades. |
|
POUSATUBOS Soporte para tubos de ensaio |
|
LENTES DE PROTECCIÓN
Lentes de plástico que protexen ao operario de salpicaduras que de alcanzar os ollos poden ser moi
perigosas. |
|
LUVAS DE PROTECCIÓN
Luvas que protexen do contacto con produtos corrosivos e nocivos para a pel. |
|
MECHEIRO BUNSEN
Mecheiro de butano. Aporta unha fonte puntual de calor para
quentamento de líquidos, realización de reaccións e traballo con tubo de vidro. |
|
BALANZA ELECTRÓNICA
Balanza de uso común no laboratorio pola facilidade de manexo. Permite a tara do recipiente que usamos para pesar. |
|
VIDRO DE RELOXO
É un recipiente en forma de casquete esférico. Existen varios tamaños.
Emprégase fundamentalmente para pesar substancias, ou para evaporar pequenas cantidades de líquidos. |
|
FRASCOS E ETIQUETAS
As disoluciones gardámolas en frascos e as etiquetamos para mellor uso das
mesmas. |
|
PLACA ELÉCTRICA
Fonte de calor para quentamento de líquidos con axuda de recipientes como vasos de precipitados. |