|
En problemas de alcances ou de cruces de dous móbiles con movemento uniforme necesitamos a ecuación do movemento, que nos relaciona a posición co tempo: Nestes problemas debes coñecer a posición inicial (xo), o instante inicial (to) e as velocidades de ambos móbiles (v). Pero primeiro fixa a orixe de posicións e a orixe de tempos, e ten en conta o signo das velocidades. As velocidades con distinto sentido teñen distinto signo. Despexa a incógnita (o dato que che piden), e substitúe as demais magnitudes polos valores que che dan no problema. Se queres comprobar as solucións dos problemas que teñas que facer, introduce todos os datos menos un nestes formularios e obterás a solución. Recorda que os problemas debes facelos ti, estes formularios só che serven para comprobar as solucións. |