VECTOR DESPRAZAMENTO: é o vector que une a posición inicial coa final do móbil.
Represéntase por Δr = r
- r0
DISTANCIA PERCORRIDA: é a distancia que separa a posición inicial e final de móbil medida sobra a
traxectoria.
Represéntase por Δs = s - s0
Lembra que cando falamos de distancias sempre temos que facer referencia a unha orixe das
mesmas.
O mesmo pásanos co tempo, sempre hai unha orixe de tempos que temos que ter en conta. Cando dicimos que un móbil ocupa unha posición temos que facer eferencia ao instante en que está nesa posición.
INSTANTE: é o tempo que transcorre desde a orixe de tempos que tomemos arbitrariamente.
Si dicimos que son as 10:40h estámonos referindo a un instante que ten lugar logo de 10 horas e 40 minutos desde a media noite anterior, que é a orixe de tempos.
INTERVALO DE TEMPO: é a diferenza de tempo entre o instante final e inicial dun
movemento.
Represéntase por Δt = t - t0
Supoñamos un movemento lineal. O móbil móvese sobre unha recta. Nesta recta hai que tomar un punto de referencia, chamado orixe do sistema de referencia, que é un punto respecto ao cal imos facer todas as medidas de distancias. Podemos facer un gráfico desta recta ordenada onde o sistema de referencia é unha bandeira que nos indica a posición cero ou orixe de coordenadas.
Alberto está na posición inicial xo = 4m e pasa á posición final
x = 9m. Dicimos que percorre a distancia
x-xo = 9m - 4m = 5m
Álvaro está na posición inicial xo = 11m e pasa á posición final
x = 4m. Dicimos que percorre a distancia
x-xo = 4m - 11m = -7m
Vemos que unha distancia percorrida positiva significa que nos afastamos da orixe de coordenadas, e unha distancia percorrida negativa significa que nos achegamos á orixe de coordenadas.
Xa que logo é importante diferenciar ben o que é posición inicial,
xo, posición final, x, e distancia percorrida, x-xo
Tamén é importante diferenciar ben instante inicial, to, instante final, t, e intervalo de tempo,
t-to, que é unha diferenza de dous instantes ou a duración dun suceso.
Nesta simulación podes sumar vectores desprazamento nun eixe horizontal e comprobar
a súa suma.
|