|
Fai primeiro ti os problemas e logo comproba as solucións.
|
|
ESTADOS DA MATERIA
Problema 201:
|
En que estado se atopan as substancias que teñen estas propiedades:
a) Ten volume constante pero a súa forma varía facilmente.
b) Ten forma fixa e alta densidade.
c) Non ten forma fixa nin alta densidade.
d) É dúctil e maleable.
e) O seu volume fixo adáptase ao recipiente que o contén. |
|
Problema 202:
|
Completa o seguinte cadro, e indica algúns exemplos de substancias de cada
estado.
|
FORMA |
VOLUME |
EXEMPLOS |
GAS |
|
|
|
LÍQUIDO |
|
|
|
SÓLIDO |
|
|
|
|
|
PRESIÓN,
VOLUME E TEMPERATURA
Problema 211:
|
A que chamamos presión? |
|
Problema 212:
|
Se sobre unha superficie de 100cm2 realizamos unha forza de 5N cal é
o valor da presión. |
|
Problema 213:
|
Se nun lugar a presión atmosférica é de 735mmHg canto vale a presión en
atmosferas? E en pascais? |
|
Problema 214:
|
A cantos pascais equivale un bar? Se un bar é equivalente a 14,7 psi, Cal é a
presión en psi dunha roda de bicicleta de 6,7 bar? |
|
Problema 215:
|
A presión atmosférica nun lugar ten un valor de 1,10atm, Canto vale a presión en
hPa? |
|
Problema 216:
|
Un gas ocupa un volume de 5L, Cal é o seu volume en cm3? |
|
Problema 217:
|
Cal é o volume en litros dunha aula de 5m x 6m x 2,5m? |
|
Problema 218:
|
Cal é a masa en kg do aire que cabe na aula anterior, se a densidade do aire é
1,19 kg/m3? |
|
LEIS DOS GASES
Problema 221:
|
Explica estes feitos baseándoche nas leis dos gases, e di en que lei che baseas.
a) Se teño unha masa de gas a temperatura constante nunha xiringa pechada, que
ocorre coa presión cando diminúo o volume?
b) Se nesa xiringa quento o gas sen facer forza sobre o émbolo que ocorre?
c) Se incho o meu colchón de praia e o levo á auga, que ocorre?
d) Se incho o meu colchón na auga e o levo a secar á area que ocorre?
e) Se se me escapa un globo de feira que termina ocorrendo?
f) Que lles ocorre ás botellas de plástico, se están bastante baleiras, cando as
metemos no frigorífico?
|
|
Problema 222:
|
Nun recipiente de aceiro de 20 L de capacidade introducimos un gas que, á
temperatura de 18 ºC exerce unha presión de 1,3 atm. Que presión exercería a 60
ºC?
|
|
Problema 223:
|
Dispoñemos dunha mostra dun gas que cando á temperatura de 200 ºC exércese sobre
o mesmo unha presión de 2,8 atm, o volume é 15,9 L. Que volume ocupará se, á
mesma temperatura, a presión baixase ata 1 atm? |
|
Problema 224:
|
É perigoso que os envases de aerosois se expoñan á calor. Se unha lata de
fixador para o cabelo a unha presión de 4 atmosferas e a unha temperatura
ambiente de 27 °C lánzase ao lume e o envase alcanza os 402 °C Cal será a súa
nova presión? A lata pode estoupar se a presión interna exerce 6080 mm Hg. Que
probabilidade hai de que estoupe? |
|
Problema 225:
|
Supoñeremos que a presión é constante e que un alpinista inhala 500 mL de aire a
unha temperatura de –10 °C. Que volume ocupará o aire nos seus pulmóns se a súa
temperatura corporal é de 37°C?
|
|
MODELO CINÉTICO-MOLECULAR DA MATERIA
Problema 231:
|
Baseándote no modelo cinético-molecular da materia explica os seguintes feitos:
a) Podemos comprimir os gases con facilidade.
b) Os líquidos son practicamente incompresibles.
c) Os líquidos e gases flúen con facilidade.
d) Os sólidos e líquidos teñen moita máis densidade que os gases.
e) Os sólidos manteñen a forma.
f) Os líquidos adáptanse ao recipiente que os contén.
g) Os gases gárdanse en recipientes pechados. |
|
CAMBIOS DE ESTADO
Problema 241:
|
Completa o cadro:
Cambio de estado: |
Chámase: |
Precisa que: |
- De sólido a líquido |
- Fusión |
- Aumentemos a temperatura |
- De líquido a gas |
|
|
- De gas a líquido |
|
|
- De sólido a gas |
|
|
- De líquido a sólido |
|
|
- De gas a sólido |
|
|
|
|
GRÁFICAS DE CAMBIO DE ESTADO
Problema 251:
|
Responde completando os ocos, sobre a seguinte gráfica de cambio de estado.
a) É unha curva de _______________
b) A temperatura de fusión é de ___ºC
c) A temperatura de ebulición é de ___ºC
d) A temperatura de solidificación é de ___ºC
e) A temperatura de condensación é de ___ºC
f) O estado de agregación a 10ºC é _________
g) O estado de agregación a 25ºC é _________
h) O estado de agregación a 110ºC é _________
i) O estado de agregación a -10ºC é _________
j) O estado de agregación a -50ºC é _________
|
|
Problema 252:
|
Responde completando os ocos, sobre a seguinte gráfica de cambio de estado.
a) É unha curva de _______________
b) A temperatura de fusión é de ___ºC
c) A temperatura de ebulición é de ___ºC
d) A temperatura de solidificación é de ___ºC
e) A temperatura de condensación é de ___ºC
f) O estado de agregación a 25ºC é _________
g) O estado de agregación a 90ºC é _________
h) O estado de agregación a 110ºC é _________
i) O estado de agregación a -10ºC é _________
j) O estado de agregación a -90ºC é _________
|
|
Problema 253:
|
Á vista da seguinte gráfica contesta ás seguintes preguntas:
a) A temperatura de fusión é:
b) A temperatura de ebulición é:
c) En que rango de temperaturas esta sustancia estará en estado sólido?
d) En que rango de temperatura esta sustancia estará en estado líquido?
e) De que substancia podería tratarse?
|
|
Problema 254:
|
Representa os diagramas de cambio de estado das seguintes substancias:
Substancia |
Temperatura de fusión (ºC) |
Temperatura de ebulición (ºC) |
Auga |
0ºC |
100ºC |
Benceno |
5ºC |
80ºC |
Alcol |
-114ºC |
78ºC |
a) Indica en que estado estarán as substancias anteriores a −50 ºC
Auga:
Benceno:
Alcol:
b) Indica en que estado estarán as substancias anteriores a 50 ºC
Auga:
Benceno:
Alcol:
c) Indica en que estado estarán as substancias anteriores a 100ºC
Auga:
Benceno:
Alcol:
|
|
|