Enunciados

Principal Arriba

ENLACES DO CARBONO


Problema 901:

Pon un exemplo dunha molécula que conteña: (a) un carbono con hibridación sp; (b) un carbono con hibridación sp2; (c) un carbono con hibridación sp3. Razoa todas as respostas.


FORMULACIÓN E NOMENCLATURA


Problema 911:

Nomea os seguintes compostos:


Problema 912:

Formular:
(a) 2,4-pentanodiona (b) 4-cloro-3-metil-5-hexenal (c) Ácido 2-propenoico (d) 4 amino-2-butanona (e) 3-metil-1-butino


Problema 913:

Das seguintes fórmulas moleculares, indica a que pode corresponder a un éster, a unha amida, a unha cetona e a un éter: 
C3H8O     C3H6O2      C2H5ON      C4H8O


Problema 914:

Nomea e formula os seguintes pares de substancias orgánicas:
a) CH3−CO−CH2−CH3 e butanal
b) CH3−CH2−CH2−CH2OH e 2-metil-2-propanol
c) CH3−CH2−COOH e ácido 3-pentenoico
d) CH3−CH2−CH2−NH−CH3 e fenilamina


Nos seguintes exercicios de formulación usaremos modelos moleculares tridimensionais xerados polo editor de moléculas en liña MolView.


Problema 915:

Nomea os seguintes alcanos:
a)

b)

c)

d)

e)

f)

 


Problema 916:

Nomea os seguintes alquenos:
a)

b)

c)

d)

e)

f)

 


Problema 917:

Nomea os seguintes alquinos:
a)

b)

c)

d)

e)

f)

 


Nos seguintes exercicios de formulación usaremos modelos moleculares xerados polo editor de moléculas ACD/ChemSketch Freeware. Podes descargar a versión gratuíta para xerar moléculas que empregar nos teus traballos. A mesma plataforma permíteche obter o nome IUPAC do composto.


Problema 918:

Nomea os seguintes alcois e fenois:
a)

b)

c)

d)

e)

f)

 


Problema 919:

Nomea os seguintes aldehídos e cetonas:
a)

b)

c)

d)

e)

f)

 


Problema 920:

Nomea os seguintes ácidos e ésteres:
a)

b)

c)

d)

e)

f)

 


Problema 921:

Escribe a fórmula semidesenvolvida de dimetilamina, etanal e ácido 2-metilbutanoico, e nomea: CH3−CH2−O−CH2−CH3     CH3−CH(CH3)−CO−CH2−CH(CH3)−CH3     CH3Cl      (ABAU-Set-2018)


Problema 922:

Nomea os seguintes compostos e identifica e nomea os grupos funcionais presentes en cada un deles:
CH3−COO−CH2−CH3    CH3−NH2    CH3−CH2−CHOH−CH3    CH3−CH2−COOH    (ABAU-Set-2019)


ISOMERÍA


Problema 931:

Escribe e nomea dous isómeros estruturais do 1-buteno


Problema 932:

Explica os tipos de esteroisomería que se poden atopar no 2,3-dicloro-2-buteno e no 2-butanol, formulando os posibles esteroisómeros existentes para cada composto.


Problema 933:

Escribe: (a) Un hidrocarburo alifático saturado que presente isomería de cadea. (b) Un alcol que presente isomería de posición, (c) Un exemplo de isomería de función, (d) Un aldehído que presente isomería óptica, (e) Un exemplo de isomería xeométrica. Formula e nomea en todos os casos cada un dos isómeros.


Problema 934:

(a) Formula e nomea un isómero de función do 1-butanol e outro da 2-pentanona.
(b) Cal dos seguintes compostos é ópticamente activo? Razóao.
CH3−CH2−CHCl−CH2−CH3         CH3−CHBr−CHCl−COOH 


Problema 935:

Nomea os seguintes compostos orgánicos, indica os grupos funcionais e sinala cales son os carbonos asimétricos se os houbese.
(a) CH3−CH2−CO−NH2
(b) CH3−CHOH−CH2−CH3 


Problema 936:

(a) Formula os seguintes compostos: 4-penten-2-ol e 3-pentanona.
(b) Razoa se presentan algún tipo de isomería entre eles e de que tipo.


Problema 937:

Formula e nomea cada un dos isómeros, dos pares de isómeros seguintes, que debes escribir:
(a) dous alcanos que sexan isómeros de cadea.
(b) dous alquenos que presenten isomería de posición,
(c) un aldehído e outro composto que sexan isómeros de función,
(d) dous alcois que presenten isomería óptica,
(e) dous ácidos que presenten isomería xeométrica.
(f) Un aldehído e un alcol que sexan isómeros.
(g) Un hidrocarburo cíclico e un lineal que sexan isómeros.


Problema 938:

Xustifica cales dos seguintes compostos presentan isomería óptica:
(a) CH3CH2CH2CH3
(b) BrCH=CHCl
(c) CH3CH(OH)CH2CH3
(d) CH3CH(NH2)COOH
(e) BrCH=CHBr
(f) CH3CH(OH)CH2CH2CH3
(ABAU-Xuño-2017)


Problema 939:

a) Escribe a fórmula semidesenvolvida dos seguintes compostos:
3-metil-2,3-butanodiol 5-hepten-2-ona etilmetiléter etanoamida
b) Indica se o 2-hidroxi-propanoico presenta carbono asimétrico e representa os posibles isómeros ópticos.   (ABAU-Set-2017)


Problema 940:

Para os compostos 2-pentanol, dietiléter, ácido 3-metilbutanoico e propanamida:
a) Escribe as súas fórmulas semidesenvolvidas.
b) Razoa se algún pode presentar isomería óptica.   (ABAU-Xuño-2018)


Problema 941:

Escribe a fórmula semidesenvolvida e xustifica se algún dos seguintes compostos presenta isomería cis-trans:
(a) 1,1-dicloroetano (b) 1,1-dicloroeteno (c) 1,2-dicloroetano (d) 1,2-dicloroeteno   (ABAU-Xullo-2019)


Problema 942:

Nomea os seguintes compostos e xustifica se presentan algún tipo de isomería e de que tipo:
CH3−CHOH−COH          CH3−CH2−CH=CH−CH2−CH3    (ABAU-Xullo-2020)


Problema 943:

Nomea os seguintes compostos, razoa cales presentan algún tipo de isomería e noméaa:
CH2=CH−CH3    CH3−CH2−CHOH−CH3    CH3−CH=CH−COOH    CH3−CHCl−CH3     (ABAU-Set-2020)


Problema 944:

Xustifique se a seguinte afirmación é verdadeira ou falsa: “o CH3−CH=CH−CH3 reacciona con HCl para dar un composto que non presenta isomería óptica”
(ABAU-Xuño-2023)


Problema 945:

Escriba as fórmulas semidesenvolvidas e nomee os isómeros xeométricos do 2,3-dibromobut-2-eno.  (ABAU-Xuño-2023)


Problema 946:

Escriba as fórmulas semidesenvolvidas dos seguintes compostos, nomee o seu grupo funcional, e xustifique se algún deles presenta isomería óptica: ácido 3-pentenoico, 2-hidroxipropanal, etanoato de metilo e propino.  (ABAU-Xullo-2023)


REACCIÓNS ORGÁNICAS


Problema 950:

Identifica o tipo de reacción orgánica para cada un dos seguintes apartados:
a) CH3-CH2OH + HBr → CH3-CH2Br + H2O
b) CH3-CHOH-CH3 → CH2=CH-CH3 + H2O
c) CH2=CH2 + H2O → CH3-CH2OH
d) CH3-COOH + CH3-CH2OH → CH3-COO-CH2-CH3 + H2O
e) CH3-CH2OH + Oxidante forte → CH3-COOH
f) CH3-CH2-CH2Br + KOH → CH3-CH2-CH2OH + KBr
g) CH3-CH=CH2 + HBr → CH3-CHBr-CH3
h) CH3-CH2OH + ácido → CH2=CH2 + H2O
i) CH3-CH=CH2 + H2 → CH3-CH2-CH3
j) CH3-CHOH-CH3 + KMnO4 + H+ → CH3-CO-CH3
k) CH3-CH=CH2 + Br2 → CH3-CHBr-CH2Br
m) CH3-COOH + CH3-NH2 → CH3-CO-NH-CH3 + H2O


Problema 951:

Escribe as reaccións que se producen a partir do etanol nos seguintes casos e nomea os produtos que se obteñen.
a) Deshidratación con ácido sulfúrico en quente.
b) Reacción con cloruro de hidróxeno.
c) Reacción con ácido propanoico.
d) Oxidación forte


Problema 952:

Escribe as reaccións e nomea os produtos que corresponden ás reaccións:
a) Deshidratación do alcol primario de 3 átomos de carbono.
b) Oxidación do alcol secundario de 3 átomos de carbono.
c) Hidroxenación do alqueno de 3 átomos de carbono.
d) Redución do aldehído de 3 átomos de carbono.


Problema 953:

Completa as seguintes reaccións co produto orgánico maioritario. Nomea os compostos que participan e indica o tipo de cada unha das reaccións.
a) CH3−CH=CH2 + HBr →
b) CH3−CH2−CH2Br + KOH  →
c) CH3−CH2OH + oxidante forte  →
d) CH3−COOH + CH3−CH2OH  →


Problema 954:

O 2-metil-1-buteno reacciona co ácido bromhídrico (HBr) para dar dous haloxenuros de alquilo. Escribe a reacción que ten lugar indicando que tipo de reacción orgánica é e nomeando os compostos que se producen. (ABAU-Set-2017)


Problema 955:

Dada a reacción: 2-propanol → propeno + auga. Escribe as fórmulas semidesenvolvidas dos compostos orgánicos e identifica o tipo de reacción.     (ABAU-Xuño-2018)


Problema 956:

Completa e indica o tipo de reacción que ten lugar, nomeando os compostos orgánicos que participan nas mesmas:
(a) CH3−CH=CH−CH3 + HCl →____________ (b) CH3−COOH + ____________ → CH3−COOCH2−CH3 + H2O     (ABAU-Set-2018)


Problema 957:

Completa a seguinte reacción: CH3−CH2−CH2−CH=CH2 + Cl2 → ____________. Identifica o tipo de reacción e nomea os compostos orgánicos que participan na mesma    (ABAU-Xuño-2019)


Problema 958:

Completa as seguintes reaccións, identificando o tipo de reacción e nomeando os compostos orgánicos que se forman:
(a) CH3−CH2−COOH + CH3−CH2OH → ________ + _______    (b) CH4 + Cl2 → ______ + _______      (ABAU-Xullo-2020)


Problema 959:

Completa as seguintes reaccións indicando o tipo de reacción e nomeando os produtos que se forman:

                        KMnO4, H+
Propan-2-ol -----------------→ ________________               CH3−CH= CH2 + Br2 → ________   (ABAU-Xuño-2021)


Problema 960:

Completa as seguintes reaccións químicas orgánicas empregando as fórmulas semidesenvolvidas e indica o tipo de reacción ao que pertencen:
CH3-CH2OH + HBr → ______ + H2O
CH2=CH2 + H2O → ______
CH3-COOH + CH3NH2 → ________ + H2O         (ABAU-Jul-2021)


Problema 961:

Escriba a reacción que sucede cando o 2-metil-1-buteno reacciona con HCl, dando lugar a dous haloxenuros de alquilo. Nomee os compostos obtidos e indique razoadamente se algún deles presenta isomería óptica. (ABAU-Xuño-2022)


Problema 962:

Complete as seguintes reaccións nomeando todos os produtos orgánicos presentes nelas, tanto reactivos como produtos, e indique a que tipo de reacción correspóndense:
CH3−CH2−CH2−COOH + CH3OH ---->
                                                 K2Cr2O7, H+
CH3−CH2−CH2−CH2OH ----------------------->
(ABAU-Xullo-2022)


POLÍMEROS


Problema 971:

Indica como se chaman os polímeros fabricados a partir dos seguintes monómeros: propeno, eteno, etenilbenceno, cloroeteno. Indica a estrutura do polímero e algún dos seus usos.


Problema 972:

Como se chama o polímero obtido a partir do ácido 1,4-bencenodicarboxílico e do etanodiol. Escribe a reacción de polimerización. Indica algún dos seus usos.


Problema 973:

As poliamidas, ou nailons, posúen gran variedade de estruturas. Unha delas, o nailon 6,6, obtense a partir do ácido hexanodioico e da 1,6-hexanodiamina seguindo o esquema:
n (ácido hexanodioico) + n (1,6-hexanodiamina)  →  Poliamida + n H2O
a) Formula os compostos que aparecen na reacción.
b) Que tipo de reacción química é este proceso?


Problema 974:

Indica a estrutura dos polímeros: polietileno e poliestireno, indicando quen é o monómero e se se trata de polímeros de adición ou de condensación. Cita algunha aplicación.


Problema 975:

Dados os seguintes polímeros:

a) Nomea os polímeros e formula e nomea o monómero correspondente.
b) Indica se son polímeros de adición ou de condensación.
c) Cita algunha aplicación de cada un deles.


Problema 976:

Identifica o polímero que ten a seguinte estrutura:  ......−CH2−(CH2)n−CH2-......  indicando ademais o nome e a fórmula do monómero de partida. (ABAU-Xuño-2017)


Problema 977:

Nomea cada monómero, emparéllao co polímero ao que dá lugar e cite un exemplo dun uso doméstico e/ou industrial de cada un deles.

 CH2=CH2    CH2=CHCl    policloruro de vinilo    poliestireno    polietileno    (ABAU-Xullo-2019)


Arriba

WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química