Enunciados

Principal Arriba

CLASIFICACIÓN DE SUBSTANCIAS


Problema 0201:

Completa o seguinte cadro con dúas substancias en cada cuadrícula:

  Mestura heteroxénea Mestura homoxénea Composto químico Elemento químico
Sólido        
Líquido        
Gas        


LEIS CLÁSICAS DAS REACCIÓNS QUÍMICAS


Problema 0206:

a) 6g de hidróxeno reaccionan completamente con 28g de nitróxeno para dar só amoníaco. Que cantidade de amoníaco podemos obter? Que lei das reaccións estamos aplicando?
b) Se reaccionan 9g de hidróxeno con nitróxeno para dar só amoníaco, que cantidade de nitróxeno reacciona? Que lei das reaccións estamos aplicando?mpletamente con 28g de nitróxeno para dar só amoníaco. Que cantidade de amoníaco podemos obter? Que lei das reaccións estamos aplicando?


Problema 0207:

Explica se as leis das reaccións químicas xustifican un modelo de materia continuo ou discontinuo. Indica algunha reacción que exemplifique a túa opinión.


MASA ATÓMICA E MASA MOLECULAR


Problema 0211:

Calcula a masa molecular ou masa fórmula dos seguintes compostos: H2O, NaCl, SiO2, CaCO3, HF, C6H12O6


Problema 0212:

O cloro contén dous isótopos:
35Cl, de masa atómica 34,9689u e unha abundancia de 75,78%
37Cl, de masa atómica 36,9659u e unha abundancia de 24,22%
Calcula a masa atómica do Cl?


Problema 0213:

O cobre contén dous isótopos:
63Cu, de masa atómica 62,9296u e unha abundancia de 69,17%
65Cu, de masa atómica 64,9278u e unha abundancia de 30,83%
Calcula a masa atómica do Cu?


Problema 0214:

A prata contén dúas isótopos:
107Ag, de masa atómica 106,9051u e unha abundancia de 51,84%
109Ag, de masa atómica 108,9048u e unha abundancia de 48,16%
Calcula a masa atómica da Ag?


Problema 0215:

O magnesio contén tres isótopos:
24Mg, de masa atómica 23,9850u e unha abundancia de 78,99%
25Mg, de masa atómica 24,9858u e unha abundancia de 10,00%
26Mg, de masa atómica 25,9826u e unha abundancia de 11,01%
Calcula a masa atómica do Mg?


O MOL


Problema 0221:

Cantos moles son:
a) 250g de Fe
b) 1,5·1024 moléculas de H2O
c) 100L de CH4 medidos en C.N.


Problema 0222:

Cantos moles son:
a) 75g de NaCl
b) 9,8·1023 moléculas de HNO3
c) 250L de O2 medidos en C.N.


Problema 0223:

Cantos gramos son:
a) 3,5 moles de CO2
b) 1·1024 moléculas de N2
c) 150L de H2 medidos en C.N.


Problema 0224:

Cantos átomos e cantas moléculas hai en:
a) 250g de H2O
b) 5 moles de NH3
c) 100L de O2 medidos en C.N.


COMPOSICIÓN CENTESIMAL DUN COMPOSTO


Problema 0231:

Calcula a composición centesimal do dióxido de carbono, CO2


Problema 0232:

Calcula a composición centesimal do ácido sulfúrico, H2SO4


Problema 0233:

Calcula a composición centesimal do carbonato de amonio, (NH4)2CO3


FÓRMULA EMPÍRICA E FÓRMULA MOLECULAR


Problema 0241:

Calcula a fórmula empírica dun composto que ten a composición centesimal seguinte: 82,76% C e 17,24% H.


Problema 0242:

Calcula a fórmula empírica dun composto que ten a composición centesimal seguinte: 52,17% C, 13,04% H e 34,78% O.


Problema 0243:

Calcula a fórmula empírica dun composto que ten a composición centesimal seguinte: 27,06% Na, 16,47% N e 56,47% O.


Problema 0244:

Cal é a fórmula dun composto que contén 40% de C, 6,7% de H e 53,3% de O, se a súa masa molecular é 60?


Problema 0245:

A glicosa, o ácido láctico, o ácido acético e o formaldehído teñen a mesma composición centesimal: 40%C, 53,3%O e 6,7%H. Calcula a fórmula molecular de cada un sabendo que as súas masas moleculares son: M(glicosa)=180, M(ácido láctico)=90, M(ácido acético)=60, M(formaldehído)=30.


Problema 0246:

A combustión de 2,50g dun hidrocarburo (contén só C e H) produce 3,21g de auga. Cal é a fórmula do hidrocarburo se a súa masa molecular é 56?


Problema 0247:

Un composto volátil contén un 54,50% de C, un 9,10% de H e o resto de O. Sabendo que 0,345g deste composto en estado vapor ocupan 120 mL a 100ºC e 1 atm, determina as súas fórmulas empírica e molecular.


Problema 0248:

A combustión de 5,00g dun hidrocarburo (contén só C e H) produce 7,33g de auga. Cal é a fórmula empírica e molecular do hidrocarburo, Sabendo que 0,703g deste composto en estado vapor ocupan 250 mL a 100ºC e 1 atm?


OS GASES


Problema 0251:

Unha certa cantidade dun gas ocupa 250ml a 25ºC e 740mm Hg. Que volume ocupará a unha presión de 2 atm e 0ºC?


Problema 0252:

Calcula o número de moles que ocupan 5L dun gas a 20ºC e 780 mm Hg.


Problema 0253:

Calcula a masa de CO2 que contén 3L deste gas a 25ºC e 740mm Hg.


Problema 0254:

Un recipiente pechado de 5L contén 25g de O2 e 10g de H2, a 25ºC. Calcula a presión parcial de cada gas e a presión total.


Problema 0255:

Unha mostra de gas de 10L contén unha mestura de gases, a 20ºC e 1atm. Se a mestura contén un 22% de O2 e o resto de N2 en volume, calcula a presión parcial de cada gas.


Problema 0256:

Calcula a masa molar dun gas se 34,67g do mesmo a 25ºC e 740 mm Hg ocupan 15L.


Problema 0257:

A densidade dun gas en condicións normais é 1,25g/L. Calcula a súa masa molar.


CONCENTRACIÓNS


Problema 0271:

Cantos gramos de cloruro de sodio hai en 250mL de auga de mar se a súa concentración é de 35g/L?


Problema 0272:

Que volume de alcohol inxerimos ao tomar dúas cervexas de 330ml, se o seu grao alcohólico é de 6º?


Problema 0273:

Calcula a concentración molar dunha disolución de 7,00g de NaCl ata completar con auga un volume de 500ml.


Problema 0274:

Que masa de NaCl necesitas para preparar unha disolución 0,5M nun matraz de 250ml?


Problema 0275:

Prepárase unha disolución a partir de 40g de alcohol etílico, CH3CH2OH, engadíndolle auga ata alcanzar un volume total de 250cc. Cal é a súa molaridade?


Problema 0276:

O perclorato de potasio, KClO4, ten unha solubilidad de 7,5g/l en auga a 0ºC. Cal é a molaridade dunha disolución saturada a 0ºC?


Problema 0277:

Calcula a molaridade dunha disolución de vinagre que contén un 5% de ácido acético, CH3COOH, sendo a súa densidade 1,005g/cm3.


Problema 0278:

O ácido nítrico comercial é unha disolución acuosa ao 70% e de 1,42g/cm3 de densidade. Calcula a súa molaridade.


Problema 0279:

Calcula o volume de HCl 12M necesario para preparar 1litro de HCl 3M.


Problema 0280:

Calcula o volume de ácido clorhídrico concentrado do 36,5% e 1,19g/cm3 de densidade, necesario para preparar 100ml de disolución 1M.


Problema 0281:

Dada unha disolución de ácido sulfúrico ao 15% e 1,1g/ml de densidade, calcula a súa molaridade, molalidade e fracción molar de soluto.


Problema 0282:

Calcula a cantidade de ioduro de potasio, KI, necesario para formar 500mL de disolución 0,5M.


Problema 0283:

Mestúranse 50 mL de disolución 3,2M de cloruro de sodio, NaCl, con 80 mL de disolución da mesma sal 1,8M. Calcula a molaridade da disolución resultante.


Problema 0284:

Calcula o volume de auga necesario para diluír 350 mL dunha disolución 0,125 M de ácido clorhídrico, HCl, ata 0,080 M.


Problema 0285:

Calcula o volume de acedo sulfúrico concentrado do 96% e 1,84g/ml de densidade, necesario para preparar 500ml de disolución 1,5M.


Problema 0286:

Calcula o volume de acedo nítrico concentrado do 69% e 1,41g/ml de densidade, necesario para preparar 500ml de disolución 2M.


Problema 0287:

Calcula o volume de acedo clorhídrico concentrado do 36,5% e 1,19g/cm3 de densidade, necesario para preparar 250ml de disolución 3M.


PROPIEDADES COLIGATIVAS


Problema 0291:

Determínase a presión de vapor dunha disolución que contén 125g de sacarosa en 100g de auga a 25ºC, resultando ser = 22,309 mmHg. Calcula a masa molar da sacarosa. (Presión de vapor de auga a 25ºC = 23,776 mmHg)


Problema 0292:

Determínase a temperatura de fusión dunha disolución de 150g de sacarosa en 450g de auga, resultando ser = −1,82ºC. Calcula a masa molar da sacarosa. (Kc(H2O)=1,86 ºC·kg·mol-1)


Problema 0293:

Determínase a temperatura de fusión dunha disolución do 7,2% en masa de glicerina en auga, resultando ser = -1,56ºC. Calcula a masa molar da glicerina. (Kc(H2O)=1,86 ºC·kg·mol-1)


Problema 0294:

Determínase a presión osmótica dunha disolución que contén 18g de sacarosa en 500mL de disolución acuosa a 20ºC, resultando ser = 2,53atm. Calcula a masa molar da sacarosa.


Problema 0295:

Determínase a presión osmótica dunha disolución que contén 10g de glicerina en 1L de disolución acuosa a 18ºC, resultando ser = 2,6atm. Calcula a masa molar da glicerina.


Problema 0296:

Un coñecido anticonxelante ten o 38,71%de C, 9,68% de H e o resto de O. Calcula a súa fórmula molecular se unha disolución acuosa do 20,0% en masa ten un punto de fusión de −7,5ºC.


Problema 0297:

Determínase a presión osmótica dunha disolución que contén 5g de fructosa en 300mL de disolución acuosa a 25ºC, resultando ser = 2,26atm. Calcula a fórmula molecular da fructosa sabendo que a súa fórmula empírica é (CH2O)n.


Problema 0298:

Determínase a temperatura de fusión dunha disolución do 5,5% en masa de alcol isopropílico en auga, resultando ser = −1,80ºC. Calcula a masa molar do alcol isopropílico. (Kc(H2O)=1,86 ºC·kg·mol−1)


Arriba

WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química