COMPOSICIÓN CENTESIMAL DUN COMPOSTO
|
Calcula a composición centesimal do nitrato de sodio, NaNO3
|
|
|
Calcula a composición centesimal do sulfato de amonio, (NH4)2SO4
|
|
|
Calcula a composición centesimal do butano, C4H10
|
|
|
Calcula a composición centesimal do etanol, C2H6O
|
|
FÓRMULA EMPÍRICA E MOLECULAR
|
Calcula a fórmula empírica dun composto que ten a composición centesimal
seguinte: 38,71% Ca, 20% P e 41,29% O. |
|
|
Ao analizar 7,235g dun composto obtivéronse 0,148g de H, 2,362 de S e o resto de
osíxeno. Calcula a súa fórmula empírica.
|
|
|
Unha mostra de 2,24g dun óxido de cobre está formada por 1,99g de cobre e o
resto de osíxeno. Calcula a súa fórmula empírica.
|
|
|
Cal é a fórmula dun composto que contén 40% de C, 6,7% de H e 53,3% de O, se a
súa masa molecular é 60? |
|
|
Un composto contén 29,46% de Ca, 23,51% de S e 47,03% de O. Cal será a súa
fórmula empírica? |
|
|
Un composto contén 26,58% de K, 35,4% de Cr e 38,02% de O. Cal é a súa fórmula
empírica? |
|
|
A descomposición térmica de 10,0g dun composto formado por C, O e Ca xera 4,4g
de CO2 e 5,6g de CaO. Calcula a fórmula do composto.
|
|
|
Cando se quentan 2,612g dun óxido de cobre en corrente de gas hidróxeno
obtéñense 0,592g de auga. Cal é a fórmula do óxido de cobre?
|
|
|
A combustión de 1g dun hidrocarburo (contén só H e C), dá 1,498g de auga. Cal é
a fórmula empírica do hidrocarburo? |
|
|
Unha cantidade de vapor de certo composto que pesa 2,4g ocupa 934cm3
a 298K e 740mm Hg. Devandito composto contén o 37,2% de C, o 7,8% de H e o 55,0%
de Cl. Cal é a súa fórmula molecular? |
|
|
Certo cloruro de mercurio contén un 84,97% de mercurio, e a densidade do vapor
que se obtén cando se sublima a 42ºC e 1 atm é 18,28 g/L. Calcula a fórmula
molecular. |
|
|
A glicosa, o ácido láctico, o ácido acético e o formaldehído teñen a mesma
composición centesimal: 40%C, 53,3%O e 6,7%H. Calcula a fórmula molecular de
cada un sabendo que as súas masas moleculares son: M(glicosa)=180, M(ácido
láctico)=90, M(ácido acético)=60, M(formaldehído)=30.
|
|
|
Un composto volátil contén un 54,50% de C, un 9,10% de H e o resto de O. Sabendo
que 0,345g deste composto en estado vapor ocupan 120 mL a 100ºC e 1 atm,
determina as súas fórmulas empírica e molecular.
|
|
|
Cando se queiman 2,81g dun determinado composto que está constituído por C, H e
O, con exceso de osíxeno prodúcense 5,75g de CO2 e 1,76g de H2O.
Determina a fórmula empírica do composto.
|
|
Problema 119:
|
Un composto volátil contén un 52,17% de C, un 13,040% de H e o resto de O.
Sabendo que 2,45g deste composto en estado vapor ocupan 1532 mL a 50ºC e 700mm
de Hg, determina as súas fórmulas empírica e molecular.
|
|
CONCENTRACIÓN DE DISOLUCIÓNS
|
Calcula a concentración molar dunha disolución de 7,00g de NaCl ata completar
con auga un volume de 500ml. |
|
|
Que masa de NaCl necesitas para preparar unha disolución 0,5M nun matraz de
250ml? |
|
|
Cantos gramos de fosfato de potasio neutro necesítanse para preparar 750ml de
disolución 0,2M?
|
|
|
Prepárase unha disolución a partir de 40g de alcol etílico, CH3CH2OH,
engadíndolle auga ata alcanzar un volume total de 250mL. Cal é a súa molaridade? |
|
|
O perclorato de potasio ten unha solubilidade de 7,5g/l en auga a 0ºC. Cal é a
molaridade dunha disolución saturada a 0ºC? |
|
|
Calcula a molaridade dunha disolución de vinagre que contén un 5% de ácido
acético, CH3COOH, sendo a súa densidade 1,005g/cm3.
|
|
|
O ácido nítrico comercial é unha disolución acuosa ao 70% e de 1,42g/cm3
de densidade. Calcula a súa molaridade. |
|
|
Calcula o volume de HCl 12M necesario para preparar 1litro de HCl 3M. |
|
|
Calcula o volume de ácido clorhídrico concentrado do 36,5% e 1,19g/cm3
de densidade, necesario para preparar 100ml de disolución 1M. |
|
|
Dada unha disolución de ácido sulfúrico ao 15% e 1,1g/ml de densidade, calcula a
súa molaridade, molalidade e fracción molar de soluto. |
|
|
Disólvense 100g de ácido sulfúrico, H2SO4, en 400g de auga,
resultando unha disolución de densidade 1,120g/ml. Calcula a molaridade e a
molalidade da disolución, e as fraccións molares dos compoñentes. |
|
|
Determina a molalidade e a fracción molar dunha disolución acuosa de sacarosa, C12H22O11,
se a súa concentración é do 27,4% en masa. |
|
|
Calcula a molaridade, a molalidade e a fracción molar de soluto dunha disolución
de ácido nítrico, HNO3, ao 33,50% en masa e densidade 1,200g/mL. |
|
|
Disponse dunha disolución de sulfato de niquel(II), NiSO4, ao 6%.
Calcula a molaridade desta disolución sabendo que a súa densidade a 25ºC é 1,06
g/mL.
|
|
|
O ácido sulfúrico comercial ten unha densidade de 1,84 g/mL e unha concentración
de 18,1M. Calcula a súa riqueza en tanto por cento. |
|
|
Calcula a cantidade de yoduro de potasio, KI, necesario para formar 350mL de
disolución 2M. |
|
|
Mestúrase 1L de HNO3 do 62,70% e densidade 1380kg/m3 con
1L do mesmo ácido do 22,38% e densidade 1130kg/m3. Se a disolución
resultante ten unha densidade igual a 1276 kg/m3, calcula a) a
concentración da disolución resultante en tanto por cento; b) o volume da
disolución final. |
|
|
Indica como preparar 400g de disolución de cloruro de sodio, NaCl, ao 20% en
masa a partir dunha disolución ao 32%
|
|
|
Mestúranse 50 mL de disolución 3,2M de cloruro de sodio, NaCl, con 80 mL de
disolución da mesma sae 1,8M. Calcula a molaridade da disolución resultante.
|
|
|
Calcula a concentración da disolución que resulta de diluír 25 mL dunha
disolución 0,86M de nitrato de potasio, KNO3, ata 500 mL.
|
|
|
Calcula o volume de auga necesaria para diluír 350 mL dunha disolución 0,125 M
de ácido clorhídrico, HCl, ata 0,080 M.
|
|
|
Determina a masa de cloruro de sodio, NaCl, que conteñen 0,4 mL dunha disolución
1,8 M. |
|
|
Calcula o volume de ácido nítrico concentrado do 69% e 1,41g/ml de densidade,
necesario para preparar 250ml de disolución 1M. |
|
|
Calcula o volume de ácido sulfúrico concentrado do 96% e 1,84g/ml de densidade,
necesario para preparar 250ml de disolución 0,5M. |
|
|
Calcula o volume de ácido clorhídrico concentrado do 37% e 1,19g/cm3
de densidade, necesario para preparar 250ml de disolución 1M. |
|
Problema 146:
|
Calcula o volume de ácido clorhídrico concentrado do 36,5% e 1,19g/mL de
densidade, necesario para preparar 300ml de disolución 2,5M. |
|
GASES
|
A presión de vapor da auga a 40ºC é 55,3mm. Calcula a presión de 3 moles de
nitróxeno, N2, saturados de auga, a 40ºC nun recipiente de 100L. |
|
|
A través de auga a 25ºC fanse burbullar 500L de aire seco a 25ºC e 760mm de
presión. Calcula o volume de gas recollido se a súa presión final, unha vez
saturado de auga, é de 750mm. A presión do vapor de auga a 25ºC é 23,8mm.
|
|
|
Introdúcense 158,6g dunha mestura de osíxeno O2, e ozono, O3,
nun recipiente de 25L, de forma que a 25ºC exerce unha presión de 3,7atm.
Calcula o número de moles de cada substancia.
|
|
|
Calcula as presións parciais e a presión total dunha mestura de gases formada
por 9g de helio, He, 12g de dióxido de carbono, CO2, e 20 g de
nitróxeno, N2, confinada nun recipiente de 25L a 40º |
|
|
Recóllense 275mL de O2 gas a 23ºC, saturado de vapor de auga. Se a
presión é 768mm Hg e a presión de vapor de auga a 23ºC é de 21mm Hg. a) Cal
é a presión parcial de O2 na mestura? b) Cantos gramos de O2
contén a mestura? |
|
|
Nun recipiente de 10 L mestúranse 6,011g de nitróxeno con 8,645g de osíxeno e,
despois de pechalo, quéntase a 300ºC. Calcula a presión total da mestura,
supoñendo que non hai reacción.
|
|
|
Un recipiente pechado de 2L, a 300K de temperatura, contén 0,30g de metano e
1,20g de osíxeno. Calcula a presión parcial de cada gas. |
|
|
Cal é a densidade (en g/l), en C.N. do gas butano,
C4H10?
|
|
|
Cal é a densidade do osíxeno a 25ºC e 1 atm? |
|
|
Cal é a masa molecular dun gas se a súa densidade en C.N. é 2,01g/l? |
|
|
A densidade en condicións normais dun gas é 1,429g/l. Cal será a súa densidade
a 303K e 735mm Hg? |
|
CÁLCULOS CON MASAS
|
O carbonato de sodio reacciona con ácido clorhídrico para dar cloruro de sodio,
dióxido de carbono e auga. Calcula a masa de cloruro de sodio que se produce
a partir de 250g do carbonato con exceso de clorhídrico.
|
|
|
Que masa de dióxido de carbono se obtén a partir da combustión de 200g de
butano en exceso de osíxeno?
|
|
|
A descomposición de clorato de potasio produce cloruro de potasio e osíxeno gas.
Cantos gramos de clorato de potasio hanse de descompoñer para obter 100g de
cloruro de potasio?
|
|
|
O amoníaco obtense a partir de nitróxeno e hidróxeno gas. Cantos gramos de
amoníaco pódense obter a partir de 10 gramos de nitróxeno gas?
|
|
|
O carbonato de sodio reacciona con cloruro de calcio para dar carbonato de
calcio e cloruro de sodio. Que cantidade de carbonato de calcio se obtén a
partir de 150g de cloruro de calcio e exceso de carbonato.
|
|
CÁLCULOS CON GASES EN
CONDICIÓNS
NORMAIS
|
Quéimanse 100g de metano en presenza de osíxeno gas. Cantos litros de dióxido
de carbono se obteñen, en condicións normais de presión e temperatura?
|
|
|
O aluminio reacciona con ácido clorhídrico dando cloruro de aluminio e gas
hidróxeno. Cantos litros de hidróxeno en condicións normais se obteñen a
partir de 50g de aluminio? |
|
|
Cantos litros de hidróxeno gas en condicións normais se fan reaccionar con
osíxeno gas para dar 100g de auga?
|
|
|
Cantos litros de propano gas en condicións normais se teñen que combustionar
para obter 500L de CO2 tamén en condicións normais de presión e
temperatura? |
|
|
Cantos litros de CO2, en condicións normais, se obteñen por reacción
de 25g de CaCO3 con ácido clorhídrico? Tamén se obtén cloruro de
calcio e auga. |
|
CÁLCULOS CON GASES EN CONDICIÓNS NON
NORMAIS
|
Que cantidade de carbono hai que queimar para producir 1000 litros de CO2
medidos a 320ºC e 775mm de Hg?
|
|
|
Engádese 0,5g de Na en auga, calcula os litros de hidróxeno gas que se obteñen
a 29ºC e 755mm de Hg.
|
|
|
Quéimanse en presenza de osíxeno 25g de etanol, C2H6O,
calcula os litros de CO2 que se obteñen a 25ºC e 95.000Pa de
presión. |
|
|
Cantos litros de O2 gas se obteñen a 24ºC e 740mm de Hg por
descomposición de 20g de KClO3? |
|
|
Quéimanse 100g de S puro en exceso de O2, calcula os litros de SO2
que se obteñen a 5atm e 25ºC? |
|
CÁLCULOS CON REACTIVOS EN DISOLUCIÓN
|
Que masa de Zn reacciona completamente con 250ml dunha disolución 2M de HCl
para dar ZnCl2 e H2? |
|
|
Calcula os litros de H2 gas que se obteñen a 25ºC e 0,96atm por
reacción de Zn con 100ml dunha disolución 3M de HCl? |
|
|
Calcula a masa de Na2SO4 que se obtén ao reaccionar 200ml
de disolución de H2SO4 de 15% de riqueza e 1100g/l de
densidade con exceso de NaOH.
|
|
|
Que cantidade de disolución 0,5M de ácido sulfúrico hai que facer reaccionar
con Al para obter 50L de H2, medidos a 97.000Pa e 25ºC? |
|
Problema 185:
|
Que volume de ácido clorhídrico de 35% en masa e densidade 1,18g/ml debe
reaccionar con exceso de Zn para liberar 15g de hidróxeno? |
|
Problema 186:
|
Que volume de ácido clorhídrico de 37% en masa e densidade 1,19g/ml debe
reaccionar con exceso de Zn para liberar 50L de hidróxeno, medidos en C.N.? |
|
CÁLCULO DO REACTIVO LIMITANTE
|
Calcula os gramos de auga que se obteñen ao facer reaccionar 10g de H2
con 100g de O2. |
|
|
Calcula os gramos de CO2 que se obteñen ao facer reaccionar 15g de
CH4 con 50g de O2. |
|
|
Fanse reaccionar 10g de Zn con 200mL de ácido clorhídrico, HCl, 2M. Calcula o
volume de H2 que se obtén en condicións normais de presión e
temperatura? |
|
|
Fanse reaccionar 6g de N2 con 2g de H2. Calcula a masa de
NH3 que se obtén? |
|
|
O fósforo reacciona co bromo para dar PBr3. Fanse reaccionar 20g de
fósforo con 100g de bromo. Que cantidade de PBr3 se obtén? |
|
Problema 193:
|
Calcula os gramos de bromuro de prata que precipitan ao reaccionar 40,0 mL de
disolución de ión Br– 0,50M con 25,0 mL de disolución de ión Ag+
0,75M. |
|
Problema 193B:
|
Fanse reaccionar 15g de Zn con 100mL de ácido clorhídrico, HCl, 3M. Calcula o
volume de H2 que se obtén en condicións normais de presión e
temperatura? |
|
RENDEMENTO DA REACCIÓN E GRAO DE
PUREZA
|
A partir de 1,00g de hidróxeno obtivéronse 2,12g de amoníaco mediante reacción
con nitróxeno. Calcula o rendemento da reacción.
|
|
|
28g de monóxido de carbono reaccionan 70,9 g de cloro para dar 80 gramos de
COCl2, dicloruro de carbonilo ou fósxeno, segundo a ecuación: CO
+ Cl2 → COCl2 calcula o rendemento da reacción. |
|
|
A partir de 2 toneladas de calcaria calcula cantos quilogramos de óxido de
calcio pódense obter se a riqueza da calcaria é do 95% en CaCO3 e
o rendemento da reacción é do 75% |
|
|
Calcula o grao de pureza dunha mostra de sulfuro de ferro(II), sabendo que ao
tratar 0,5g da mesma con HCl despréndense 100mL de sulfuro de hidróxeno,
medidos a 27ºC e 1013hPa. |
|
|
Prepárase ácido clorhídrico por reacción entre o cloruro de sodio e ácido
sulfúrico: NaCl + H2SO4 → NaHSO4 + HCl.
Calcula o peso de disolución de ácido sulfúrico de 90% que se necesitan para
obter un quilogramo de disolución de ácido clorhídrico do 42% |
|
|
Que cantidade de carbonato de calcio e de disolución de ácido clorhídrico ao
20% son necesarios para obter 100g de CaCl2·6H2O? Na
reacción tamén prodúcese CO2. |
|
|