Espectroscopio

Arriba Facer pan Facer xabón Estereoscopía Espectroscopio

QUE É A LUZ? ESPECTRO ELECTROMAGNÉTICO

   Que é a luz? A luz foi como o yin e yang da física, uns como Newton víana como partículas, e outros como Huygens víana como ondas. Esta dualidade resolveuse coa chegada da mecánica cuántica. O comportamento da luz leva implícita esta dobre característica, compórtase como onda pero tamén como partícula. Polo camiño desta discusión foi de gran axuda para o coñecemento da materia e dos átomos que a forman.

   Universo Mecánico 40: Óptica

 

ESPECTROS ATÓMICOS

   As primeiras hipóteses sobre como eran os átomos dan un xiro radical co experimento de Rutherford. O átomo de Bohr é o primeiro intento serio de achegarnos ás interioridades dos átomos. Non só tiña que explicar a experiencia de Rutherford senón tamén os espectros que eran de uso común en todos os laboratorios de química no século XIX.

   Universo Mecánico 49: O átomo

   Na seguinte páxina de Educaplus podedes experimentar cun simulador de espectros fantástico.

   Espectros atómicos en Educaplus.org

 

ESPECTROSCOPIO DE KIRCHHOFF-BUNSEN

   A química, como a natureza, está chea de cores, e foron estas cores as que permitiron aos espectroscopistas acercarnos ás interioridades dos átomos, pero tamén acercarnos ás máis lonxanas estrelas. Un pequeno prisma como os usados por Newton para descompoñer a luz descubriunos un novo elemento no Sol, o helio, algúns anos antes de descubrilo na Terra.

   "A Química dos Ceos" (Robert Wilhelm Bunsen 1811-1899 & Gustav Robert Kirchhoff 1824-1887)

Espectroscopio Bunsen. Espectros atómicos

 

COMO CONSTRUIR UN ESPECTROSCOPIO?

    O espectroscopio de Kirchhoff-Bunsen emplea un prisma para descompoñer a luz, esto tamén o podemos conseguir con redes de difracción. Un vello CD pode proporcionarnos o material para construir o noso propio espectroscopio, xa que a información que garda queda rexistrada nun sinfín de liñas que non son outra cousa que una moi boa rede de difracción. No seguinte vídeo conto como construilo paso a paso.

    Espectroscopio. Construir un espectroscopio cun CD

    Espero que disfrutedes moito deste aparato que vos achegará máis que ningún outro ao interior dos átomos.

Arriba Facer pan Facer xabón Estereoscopía Espectroscopio
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química