REACCIÓNS ÁCIDO-BASE
Problema 701:
|
Indica, segundo o concepto de Brönsted-Lowry, cales das seguintes especies son
ácidas, bases ou anfóteras, explicando a razón da elección:
a) S2− b) H2PO4− c) H2CO3
(PAU-Set-2002) |
|
Problema 702:
|
Completa os seguintes equilibrios ácido-base de Brönsted-Lowry, caracterizando
os correspondentes pares ácido-base conxugados:
(a) ........+ H2O ↔ CO32− + H3O+
(b) NH4+ + OH− ↔ H2O +.........
(c) ........+ H2O ↔ H3O+ + SO42−
(PAU-Set-2001) |
|
Problema 703:
|
Indica razonadamente, segundo a teoría de Brönsted, se as seguintes afirmacións
son certas ou falsas:
a) Un ácido e a súa base conxugada reaccionan entre si dando unha disolución
neutra.
b) Un ácido e a súa base conxugada difiren nun protón. Pon un exemplo.
c) A base conxugada dun ácido forte é unha base forte. Pon un exemplo. |
|
Problema 704:
|
Indica cales son as bases conxugadas dos ácidos HCl, H2O, NH4+,
CH3COOH, e cales son os ácidos conxugados das bases H2O,
NH3, CO32−, OH−.
|
|
Problema 705:
|
Completa as seguintes reaccións ácido-base e identifica os pares conxugados
ácido-base.
a) HCl(aq) + OH−(aq) →
b) CO32−(aq)+ H2O(l) ↔
c) HNO3(aq)+ H2O(l) →
d) NH3(aq)+ H2O(l) ↔
(PAU-Set-2013) |
|
Problema 706:
|
a) Escribe as reaccións de disociación en auga, segundo o modelo de Brönsted-Lowry,
das seguintes especies químicas:
CH3COOH, NH3, NH4+, CN−
b) Indica os pares ácido base conxugados. |
|
Problema 707:
|
Indica segundo a teoría de Brönsted-Lowry, cal ou cales das seguintes especies
poden actuar só como ácido, só como base ou como ácido e base. Escribe as
correspondentes reaccións ácido-base:
a) CO3− b) HPO42 c)
H3O+ d) NH4+
|
|
Problema 708:
|
Completa as seguintes reaccións e identifica os pares conxugados ácido-base.
a) HNO3(aq)+ H2O(l) →
b) NH3(aq)+ H2O(l) ↔
(ABAU-Xuño-2018) |
|
Problema 709:
|
Xustifica se a seguinte afirmación é verdadeira ou falsa: No equilibrio:
HSO4−(ac) + H2O(l)
↔ SO42−(ac) + H3O+(ac)
a especie HSO4− actúa como unha base e a
molécula de auga como un ácido de Brönsted-Lowry.
(ABAU-Set-2020) |
|
Problema 710:
|
Das seguintes substancias: PO43−, HNO2
y HCO3−, unha é ácida, outra básica e outra
anfótera segundo a teoría de Brönsted-Lowry. Razoe cal é cada unha
escribindo os equilibrios que así o demostren.
(ABAU-Xuño-2021) |
|
EQUILIBRIOS
ÁCIDO- BASE
Problema 711:
|
Calcula o grao de disociación e as especies presentes no equilibrio nunha
disolución de ácido acético, HAc, 0,10M. Dato Ka= 1,8·10−5.
|
|
Problema 712:
|
Calcula o grao de ionización e as especies presentes no equilibrio nunha
disolución de amoníaco, NH3, 0,20M. Dato Kb= 1,79·10−5.
|
|
Problema 713:
|
Calcula o grao de disociación e as especies presentes no equilibrio nunha
disolución de ácido nitroso, HNO2, 0,30M. Dato Ka=
4,6·10−4.
|
|
Problema 714:
|
Calcula o grao de ionización e as especies presentes no equilibrio nunha
disolución de metilamina, CH3NH2, 0,25M. Dato Kb=
3,7·10−4.
|
|
Problema 715:
|
Calcula o grao de disociación e as especies presentes no equilibrio nunha
disolución de ácido sulfhídrico, H2S, 0,15M. Dato Ka=
9,1·10−8.
|
|
Problema 716:
|
Calcula o grao de ionización e as especies presentes no equilibrio nunha
disolución de piridina, C5H5N, 0,10M. Dato Kb=
1,8·10−9.
|
|
Problema 717:
|
Unha disolución 0,1M dun ácido monoprótico está disociada nun 1,3%. Cal é o
valor de Ka dese ácido?
|
|
Problema 718:
|
Unha disolución de CH3COOH 0,2M está ionizada ao 0,95%. Calcula:
a) As concentracións de CH3COOH e H3O+ no
equilibrio.
b) A constante de ionización do ácido. |
|
Problema 719:
|
Calcula a concentración de ácido acético, HAc, que está disociado un 2%.
Dato Ka= 1,8·10−5.
|
|
Problema 720:
|
Calcula a concentración de amoníaco, NH3, que está disociado un 3%. Dato Kb= 1,79·10−5.
|
|
Problema 721:
|
Calcula a concentración de ácido metanoico, HCOOH, que está disociado un 1%. Dato Ka= 1,77·10−4.
|
|
Problema 722:
|
Calcula a concentración de trimetilamina, (CH3)3N, que
está ionizada un 0,50%. Dato Kb= 6,4·10−5.
|
|
Problema 723:
|
Calcula o grao de disociación dunha disolución de ácido acético de
concentración Co. Varía o grao de disociación do ácido coa
concentración inicial?. Cal será o grao de disociación se Co vale
1M, 10−2M e 10−4M? Ka= 1,8·10−5.
|
|
|
Calcula a constante de basicidade do ión Ac−, do ión OH−
e do ión HCO3−. Utiliza os datos das Táboas
de Química
|
|
Problema 725:
|
Para unha disolución acuosa dun ácido HA de Ka = 1·10−5,
xustifica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
a) A constante de acidez de HA é menor que a constante de basicidade da súa
base conxugada.
b) Se se dilúe a disolución do ácido, o seu grao de disociación permanece
constante.
(PAU-Set-2012) |
|
CÁLCULO DO pH
Problema 731:
|
Calcula a [H3O+], [OH−], pH e pOH de: a)
Unha disolución 0,2M de HClO4. b) Unha disolución 0,035M de NaOH. |
|
Problema 732:
|
Cal é o pH dunha disolución que contén 0,075g de NaOH por cada litro? |
|
Problema 733:
|
Calcula a [H3O+] e o pH de: a) Unha disolución que contén
2g de Ba(OH)2 en 100ml de auga. b) Unha disolución obtida ao
mesturar 100ml de HCl 0,3M e 200ml de HNO3 0,5M. |
|
Problema 734:
|
Calcula o pH dunha disolución 0,5M dun ácido débil HA con Ka= 3,5·10−6.
|
|
Problema 735:
|
Calcula o pH dunha disolución 0,01M de amoníaco. Kb = 1,8·10−5
|
|
Problema 736:
|
A piridina é unha base orgánica que reacciona coa auga segundo
a reacción:
C5H5N(aq) + H2O ↔ C5H5NH+(aq) +
OH−(aq).
Cal é a concentración do ión C5H5NH+ nunha
disolución 0,1M de piridina? Cal é o pH da disolución? Kb = 1,8·10−9
|
|
Problema 737:
|
Cales son as concentracións no equilibrio e o pH dunha disolución preparada
disolvendo 0,16 moles de cianuro de sodio, NaCN, en auga ata formar 500ml de
disolución? Ka(HCN) = 4,93·10−10
|
|
Problema 738:
|
Razoa se as seguintes afirmacións referidas a unha disolución 0,1M dun ácido
debil HA son correctas:
a) As concentracións no equilibrio das especies A− e H3O+
son iguais.
b) O pH da disolución é 1. |
|
Problema 739:
|
A anilina (C6H5NH2) é unha base débil con Kb = 4,1·10−10. Calcula:
a) O pH dunha disolución acuosa 0,10M de anilina
b) O valor da constante de acidez do ácido conxugado da anilina.
(PAU-Xuño-2015) |
|
Problema 740:
|
A 25ºC o grao de ionización dunha disolución acuosa de ácido etanoico 0,101M
vale α=0,0099. Calcula o pH da mesma e a constante de ionización do ácido
etanoico a esa temperatura.
|
|
Problema 741:
|
Dada unha disolución de amoníaco en auga de concentración 6,50·10−2M.
a) Calcula o pH da disolución.
b) Calcula o grao de disociación do amoníaco na disolución. Kb = 1,78·10−5
|
|
Problema 742:
|
Disólvense 20 litros de NH3(g), medidos a 10ºC e 2 atm (202,6 kPa)
de presión, nunha cantidade de auga suficiente para alcanzar 4,5 litros de
disolución. Calcula:
a) O grao de disociación do amoníaco na disolución.
b) O pH da devandita disolución.
Dato: Kb(NH3)= 1,78.10−5
(PAU-Xuño-2010) |
|
Problema 743:
|
Se se disolven 0,650 g dun ácido orgánico monoprótico de carácter débil de
fórmula HC9H7O4 (ácido acetilsalicílico)
nun vaso con auga ata completar 250 mL de disolución, indica:
a) O pH desta disolución.
b) O grao de disociación do ácido. Dato: Ka = 3,27·10−4
|
|
Problema 744:
|
Para unha disolución acuosa 0,20M de ácido láctico (ácido 2-hidroxipropanoico),
calcula:
a) O grao de disociación do ácido na disolución e o pH da mesma.
b) Que concentración debe ter unha disolución de ácido benzoico (C6H5COOH)
para dar un pH igual ao dunha disolución de ácido láctico 0,20M?
Datos: Ka(CH3CH(OH)COOH) = 3,20·10−4 e Ka(C6H5COOH) = 6,42·10−5
(ABAU-Xuño-2017) |
|
Problema 745:
|
Ao disolver 0,23 g de HCOOH en 50 mL de auga obtense unha disolución de pH
igual a 2,3.
Calcula:
a) A constante de acidez (Ka) do ácido.
b) O grao de ionización do mesmo. (ABAU-Set-2017) |
|
Problema 746:
|
Unha disolución acuosa de ácido fluorhídrico 2,5·10−3M está
disociada un 40%. Calcula:
a) A constante de acidez.
b) O pH e a concentración de ións hidróxilo [OH−] da disolución. |
|
Problema 747:
|
O produto de solubilidade do Mn(OH)2, medido a 25ºC, vale 4·10−14.
Calcula: (a) A solubilidade en auga, expresada en g/L. (b) O pH da
disolución saturada. |
|
Problema 748:
|
Disponse dunha disolución que contén unha concentración de Cd2+ de
1,1 mg/L. Quérese eliminar parte do Cd2+ precipitándoo cun
hidróxido, en forma de Cd(OH)2. Calcula:
a) O pH necesario para iniciar a precipitación.
b) A concentración de Cd2+, en mg/L, cando o pH é igual a 12. Dato: Ks Cd(OH)2= 1,2·10−14
|
|
Problema 749:
|
Cal é o pH dunha disolución saturada de hidróxido de zinc se o seu Ks
a 25ºC é de 1,2·10−17? |
|
Problema 750:
|
Calcula o volume de auga que hai que engadir a 100ml dunha disolución 0,25M de
HCl para obter unha disolución de pH=1,5 . |
|
Problema 751:
|
a) Que concentración debe ter unha disolución de amoníaco para que o seu pH
sexa 10,35?
b) Cal será o grao de disociación desta disolución? Kb = 1,79·10−5
|
|
Problema 752:
|
Unha disolución acuosa contén 5,0·10–3 moles de ácido cloroetanoico
(ClCH2-COOH) por cada 100 mL de disolución. Se a porcentaxe de
ionización é do 15%, calcula:
a) A concentración de todas as especies presentes na disolución.
b) O pH da disolución e o valor da constante Ka do ácido. (ABAU-Set-2018) |
|
Problema 753:
|
Razoa se a seguinte afirmación é correcta: a igual molaridade, canto máis débil
é un ácido, menor é o pH da súa disolución acuosa. (ABAU-Set-2018) |
|
Problema 754:
|
Unha disolución 0,064 M dun ácido monoprótico (HA) ten un pH de 3,86. Calcula:
a) A concentración de todas as especies presentes na disolución e o grao de
ionización do ácido.
b) O valor da constante Ka do ácido e da constante Kb
da súa base conxugada. (ABAU-Xuño-2019) |
|
Problema 755:
|
Un volume de 1,12 L de HCN gas, medidos a 0ºC e 1 atm, disólvese en auga
obténdose 2 L de disolución. Calcula:
a) A concentración de todas as especies presentes na disolución.
b) O valor do pH da disolución e o grao de ionización do ácido.
Dato: Ka(HCN) = 5,8·10−10 (ABAU-Jul-2019) |
|
Problema 756:
|
Sabendo que Kb(NH3)=1,78·10−5, calcula:
a) A concentración que debe ter unha disolución de amoníaco para que o seu
pH sexa 10,6.
b) O grao de disociación do amoníaco na disolución. (ABAU-Xullo-2020) |
|
Problema 757:
|
Unha disolución acuosa 0,03 M dun ácido monoprótico (HA) ten un pH de 3,98.
Calcula:
a) A concentración molar de A‒ na disolución e o grao de
disociación do ácido.
b) O valor da constante do ácido (Ka) e o valor da constante da
súa base conxugada (Kb). (ABAU-Xullo-2021) |
|
Problema 758:
|
Disólvense 46 g de ácido metanoico, HCOOH, en 10 L de auga, obtendo unha
disolución de pH igual a 2,52.
a) Calcule o grao de disociación do ácido.
b) Determine a constante Ka do ácido e a constante Kb
da súa base conxugada (ABAU-Xuño-2022) |
|
Problema 759:
|
Unha disolución 0,03 M de amoníaco está disociada nun 2,42 %. Calcule:
a) O valor da constante Kb do amoníaco.
b) O pH da disolución e o valor da constante Ka do ácido
conxugado.
(Kw= 1,0·10−14)
(ABAU-Xuño-2023) |
|
Problema 760:
|
Dadas dúas disolucións, unha de ácido nítrico e outra de HNO2 [Ka(HNO2)
= 7,2·10−4], razoe cal delas terá un pH menor se ambas teñen a
mesma concentración inicial. (ABAU-Xullo-2023) |
|
HIDRÓLISE
Problema 761:
|
Ordena de maior a menor acidez as seguintes disolucións acuosas da mesma
concentración: acetato de sodio, ácido nítrico e cloruro de potasio. Formula
as ecuacións iónicas que xustifican a resposta. |
|
Problema 762:
|
Ordena de maior a menor acidez as seguintes disolucións acuosas da mesma
concentración: hidróxido de sodio; cloruro de sodio e cloruro de amonio.
Formula as ecuacións iónicas que xustifican a resposta. |
|
Problema 763:
|
Ordena de maior a menor acidez as seguintes disolucións acuosas da mesma
concentración: bromuro de potasio, nitrato de amonio, acetato de sodio,
hidróxido de potasio e ácido nítrico. Formula as ecuacións iónicas que
xustifican a resposta. |
|
Problema 764:
|
Ordena de maior a menor acidez as seguintes disolucións acuosas da mesma
concentración: yoduro de potasio, amoníaco, ácido clorhídrico, ácido
hipocloroso, hidróxido de sodio. Formula as ecuacións iónicas que xustifican
a resposta. |
|
Problema 765:
|
a) Ao disolver un sal en auga é posible que esta disolución teña pH básico? b)
Pon un exemplo dun sal no que a disolución acuosa presente un pH ácido e un
exemplo dun sal no que a disolución acuosa sexa neutra. Razoa as respostas. |
|
Problema 766:
|
Se queremos impedir a hidrólisis que sofre o NH4Cl en disolución
acuosa indica, razonadamente, cal dos seguintes métodos será o máis eficaz:
a) engadir NaCl á disolución.
b) engadir NH3 á disolución. |
|
Problema 767:
|
a) Establecer se unha disolución acuosa de NH4NO3 será
ácida, básica ou neutra.
b) A metilamina en disolución acuosa compórtase como unha base débil, de
forma similar ao amoníaco, escribe a reacción e indica os pares ácido/base
conxugados. |
|
Problema 768:
|
Cal é o pH dunha disolución de NH4Cl, preparada con 2,68g ata
completar un volume de 250ml? Kb(NH3) = 1,79·10−5
|
|
Problema 769:
|
Cal é o pH dunha disolución de CH3COONa, preparada con 5,00g ata
completar un volume de 500ml? Ka(CH3COOH) = 1,8·10−5
|
|
Problema 770:
|
a) Xustifica o carácter ácido, básico ou neutro dunha disolución acuosa de KCN.
(ABAU-Set-2017)
b) Para os sales NaCl e NH4NO3:
b.1) Escriba as ecuacións químicas da súa disociación en auga.
b.2) Razoa se as disolucións obtidas serán ácidas, básicas ou neutras.
(ABAU-Xullo-2019)
c) Xustifica se a seguinte afirmación é verdadeira ou falsa: Unha disolución
acuosa de NH4Cl ten carácter ácido. (ABAU-Xullo-2020) |
|
Problema 770B:
|
Razoa mediante as reaccións correspondentes o pH que terán as disolucións
acuosas das seguintes especies químicas: NaNO3 e
NH4NO3. (ABAU-Xullo-2022) |
|
DISOLUCIÓNS
REGULADORAS
Problema 771:
|
Indica razoadamente que pares das substancias seguintes forman ou non unha
disolución reguladora: a) ácido clorhídrico/cloruro de sodio, b) ácido
cianhídrico/cianuro de potasio, c) ácido nítrico/nitrato de amonio, d)
hidróxido de amonio/cloruro de amonio. |
|
Problema 772:
|
Cal é o pH dunha disolución 0,5M en acetato de sodio e 0,5M en ácido acético? Ka(HAc) = 1,8·10−5
|
|
Problema 773:
|
Cal é o pH dunha disolución 0,50M en amoníaco e 0,25M en cloruro de amonio? Kb(NH3) = 1,79·10−5
|
|
Problema 774:
|
Cal é o pH dunha disolución 0,5M en fluoruro de sodio e 0,3M en ácido
fluorhídrico? Ka(HF) = 3,53·10−4
|
|
Problema 775:
|
Cal é o pH dunha disolución que é 0,25M en NH3(aq) e 0,75M en NH4NO3?; Kb(NH3)=1,79·10−5.
|
|
Problema 776:
|
Unha disolución é 0,30M en NH3 e 0,30M en NH4Cl. (a) Cal
é o seu pH? Que cambio de pH prodúcese ao engadir a 1L desta disolución
0,050 moles (b) de HCl e (c) de NaOH? (Ignórense os cambios de volume). (d)
Cal sería o pH de engadir estas cantidades a 1L de auga destilada? Kb(NH3) = 1,8·10−5
|
|
Problema 777:
|
Unha disolución é 0,30M en ácido acético e 0,50M en acetato de sodio. (a) Cal é
o seu pH? Que cambio de pH prodúcese ao engadir a un litro desta disolución
0,10 moles (b) de HCl e (c) de NaOH? (Ignórense os cambios de volume). (d)
Cal sería o pH de engadir estas cantidades a un litro de auga destilada? Ka(HAc)=1,8·10−5.
|
|
NEUTRALIZACIÓN.
VALORACIÓN
Problema 781:
|
50ml dunha disolución que contén 0,19g de hidróxido de calcio mestúrase cun
volume igual dunha disolución que contén 0,93g de ácido bromhídrico.
Supoñendo que o volume final da mestura é de 100ml, cal será o pH da
disolución resultante?
|
|
Problema 782:
|
Cal é o número de moles de hidróxido de calcio que se precisan para neutralizar
0,1 moles de H3PO4? |
|
Problema 783:
|
Calcula o volume dunha disolución 0,1M de NaOH que se require para neutralizar
27,5ml dunha disolución 0,25M de HCl |
|
Problema 784:
|
Calcula o volume dunha disolución 0,7M de KOH que se require para neutralizar
50,0ml dunha disolución 0,45M de
HNO3.
|
|
Problema 785:
|
PRÁCTICA: a) Que volume de disolución de NaOH 0,1 M necesítase para
neutralizar 10 mL de disolución de HCl 0,2 M? Xustifica cal será o pH no
punto de equivalencia.
b) Describe o procedemento experimental e nomea o material necesario para
levar a cabo a valoración. |
|
Problema 786:
|
PRÁCTICA: a) Cantos mL dunha disolución de NaOH 0,610 M necesítanse para
neutralizar 20,0 mL dunha disolución de H2SO4 0,245 M?
Indica a reacción que ten lugar e xustifica o pH no punto de equivalencia.
b) Nomea o material necesario e describe o procedemento experimental para
levar a cabo a valoración. |
|
Problema 787:
|
PRÁCTICA: Na valoración de 20,0 mL dunha disolución de acedo clorhídrico
gástanse 18,1 mL dunha disolución de hidróxido de sodio 0,125 M.
a) Calcula a molaridade da disolución de ácido indicando a reacción que ten
lugar.
b) Indica o material e reactivos necesarios, así como o procedemento para
levar a cabo a valoración. |
|
Problema 788:
|
PRÁCTICA: No laboratorio realízase a valoración de 50,0 mL dunha
disolución de NaOH e gastáronse 20,0 mL de HCl 0,10 M
a) Debuxa a montaxe experimental indicando no mesmo as substancias e o nome
do material empregado.
b) Escribe a reacción química que ten lugar e calcula a molaridade da base. |
|
Problema 789:
|
PRÁCTICA: Na valoración de 25,0 mL dunha disolución de ácido clorhídrico
gástanse 22,1 mL dunha disolución de hidróxido de potasio 0,100 M.
a) Indica a reacción que ten lugar e calcula a molaridade da disolución do
ácido.
b) Detalla o material e os reactivos necesarios, así como o procedemento
para levar a cabo a valoración no laboratorio.
(PAU-Jun-2017) |
|
Problema 790:
|
PRÁCTICA: Na valoración de 50,0 mL dunha disolución de acedo nítrico
gástanse 19,5 mL dunha disolución de hidróxido de potasio 0,250 M.
a) Indica a reacción que ten lugar e calcula a molaridade da disolución do
ácido.
b) Detalla o material e os reactivos necesarios, así como o procedemento
para levar a cabo a valoración no laboratorio. |
|
Problema 791:
|
Calcula:
a.1) O pH dunha disolución de hidróxido de sodio 0,010 M.
a.2) O pH dunha disolución de ácido clorhídrico 0,020 M.
b) Calcula o pH da disolución obtida ao mesturar 100 mL da disolución de
hidróxido de sodio 0,010 M con 25 mL da disolución de ácido clorhídrico
0,020 M. (ABAU-Xuño-2018) |
|
Problema 792:
|
PRÁCTICA: Na valoración de 20,0 mL dunha disolución de ácido sulfúrico
gástanse 30,0 mL dunha disolución de hidróxido de sodio 0,50 M.
a) Escribe a reacción que ten lugar e calcula a molaridade do ácido.
b) Describe o procedemento experimental e nomea o material necesario para
realizar a valoración. (ABAU-Xuño-2018) |
|
Problema 793:
|
PRÁCTICA: 15,0 mL dunha disolución de acedo clorhídrico de concentración
descoñecida neutralízanse con 20,0 mL dunha disolución de hidróxido de
potasio 0,10 M:
a) Escribe a reacción que ten lugar e calcula a concentración molar da
disolución do ácido.
b) Describe os pasos para seguir no laboratorio para realizar a valoración
anterior, nomeando o material e os indicador empregados. (ABAU-Xullo-2019) |
|
Problema 794:
|
PRÁCTICA: 2,0 mL dun ácido nítrico do 58 % de riqueza en masa e
densidade 1,36 g·mL-1 dilúense con auga ata completar 250 mL de
disolución.
a) Calcule o volume de disolución de hidróxido de sodio 0,10 M necesario
para neutralizar 10 mL da disolución preparada de ácido nítrico, escribindo
a reacción que ten lugar.
b) Describa o procedemento experimental e nome o material necesario para
realizar a valoración. (ABAU-Set-2020) |
|
Problema 795:
|
PRÁCTICA: Prepáranse 100 mL dunha disolución de HCl disolvendo, en auga,
10 mL dun HCl comercial de densidade 1,19 g·mL-1 e riqueza 36% en
peso. 20 mL da disolución de ácido preparada valóranse cunha disolución de
NaOH 0,8 M.
1. Calcule a concentración molar da disolución de ácido valorada, escriba a
reacción que ten lugar na valoración e calcule o volume gastado da
disolución de NaOH.
2. Indique o procedemento para seguir no laboratorio para a valoración do
ácido, indicando o material e reactivos. (ABAU-Xuño-2021) |
|
Problema 796:
|
PRÁCTICA: Ao valorar 20,0 mL dunha disolución de Ca(OH)2
gástanse 18,1 mL dunha disolución de HCl 0,250 M.
a) Escriba a reacción que ten lugar e calcule a concentración molar da
disolución da base.
b) Indique o material e reactivos necesarios, debuxe a montaxe e explique o
procedemento realizado. (ABAU-Xullo-2021) |
|
Problema 797:
|
PRÁCTICA: Tómanse 30,0 mL dunha disolución 6,0 M de HCl e dilúense con
auga ata un volume final de 250 mL. 25,0 mL desta disolución diluída
necesitaron 20,0 mL dunha disolución de hidróxido de calcio para a súa
neutralización.
a) Escriba a reacción que ten lugar e calcule a molaridade da disolución da
base.
b) Nome e debuxe o material necesario e indique o procedemento empregado
para a valoración. (ABAU-Xuño-2022) |
|
Problema 798:
|
PRÁCTICA: Emprégase unha disolución de acedo nítrico de riqueza 2% en
masa e densidade 1,009 g·mL−1 para neutralizar 50 mL dunha
disolución 0,25 M de hidróxido de bario.
a) Escriba a reacción química que ten lugar e calcule o volume da disolución
de acedo nítrico gastado.
b) Describa o procedemento experimental e nome o material necesario para
realizar a valoración. (ABAU-Xullo-2022) |
|
Problema 799:
|
PRÁCTICA: Para neutralizar 150 mL dunha disolución de ácido nítrico
0,010 M gastáronse 15 mL dunha disolución de hidróxido de calcio de
concentración descoñecida.
1. Escriba a reacción que ten lugar e calcule a molaridade da disolución do
hidróxido de calcio.
2. Indique o material que empregaría e explique o procedemento experimental
para realizar a valoración. (ABAU-Xuño-2023) |
|
|