H máis non metal

¿Que son? ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome Exemplos Exercicios 
   

¿Que son?

    Son combinacións do hidróxeno cos elementos dos grupos 13, 14 e 15.

¿Como se nomean?

   Nomenclatura de composición (usando prefixos multiplicadores): consiste en antepoñer á palabra "hidruro" un prefixo que nos indique o número de hidróxenos seguida de "de" e o nome do non metal cun prefixo que nos indique o número de átomos dese non metal.

Prefixo-hidruro de prefixo-NOMETAL

    Nomenclatura de sustitución. Noméanse os hidruros proxenitores coa raíz do elemento que acompaña ao hidrógeno e o sufijo -ano. Si este elemento aparece varias veces na fórmula úsanse os prefixos di-, tri- , tetra-, etc., e pódese poñer entre paréntesis o número de hidrógenos que os acompañan. A partir dos hidruros proxenitores obtéñense os seus derivados.  Esta nomenclatura recoméndase soamente para os derivados dos hidruros proxenitores.

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula:  Fixámonos no elemento que acompaña ao hidróxeno e á súa raíz  poñémoslle o sufixo -ano. Tamén se acepta a nomenclatura de composición.

 

Se nos dan o nome

    No nome: A raíz do nome  indícanos o elemento que acompaña ao hidróxeno. O número de H será 3 para os elementos do grupo13 (B e seguintes), 4 para os elementos do grupo 14 (C e seguintes), e 3 para os elementos do grupo 15 (N e seguintes). Se o elemento que acompaña aol H se repite debemos coñecer a estructura do composto, por eso é conveniente poñer entre paréntese o número de hidróxenos.

 

Exemplos

 

Nomenclatura de sustitución

Nomenclatura de composición

BH3 Borano Trihidruro de boro
B2H6 Diborano ou diborano(6) Hexahidruro de diboro
B3H5 Triborano ou triborano(5) Pentahidruro de triboro
NH3 Amoníaco ou azanoa Trihidruro de nitróxeno
N2H4 Diazano Tetrahidruro de dinitróxeno
PH3 Fosfano Trihidruro de fósforo
P2H4  Difosfano Tetrahidruro de difósforo
AsH3  Arsano Trihidruro de arsénico
SbH3  Estibano Trihidruro de antimonio
CH4  Metano Metanob
SiH4  Silano Tetrahidruro de silicio
Si2H6  Disilano Hexahidruro de disilicio
AlH3  Alumano Trihidruro de aluminio
GaH3  Galano Trihidruro de galio
GeH4  Xermano Tetrahidruro de xermanio
SnH4  Estannano Tetrahidruro de estaño
PbH4  Chumbano Tetrahidruro de chumbo

a) O azano proponse só para usalo nos nomes derivados do amoníaco. 

b) O metano segue as normas da nomenclatura orgánica.

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas 1 Nomes 1 Fórmulas 2 Nomes 2

 


Inicio | Introducción | Nº oxidación | Mecánica | Tipos de substancias | Substancias simples | Óxidos de metais | Óxidos de non metais | Metal - Non metal | Non metal - Non metal | Hidruros | Hidrácidos | H + Non metal | Hidróxidos | Oxácidos | Oxisales neutros | Oxisales ácidos | Exercicios | Taboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licencia Creative Commons
Esta obra está baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química