Para colocar os elementos nas fórmulas seguiremos a seguinte secuencia, que se deduce fácilmente a partir da Táboa Periódica, colocando o H entre o grupo do N e o grupo do O, e colocando os gases nobres á esquerda da táboa.
Nas fórmulas dos compostos binarios o elemento que se escribe á dereita é o primeiro que atopamos nesta secuencia, que empeza no F, seguindo as frechas, e o que se escribe á esquerda é o seguinte que atopamos. Non sempre coincide que o elemento que escribimos á dereita sexa o máis electronegativo, por exemplo, nos óxidos dos halóxenos o halóxeno escríbese á dereita, débese escribir, segundo a IUPAC, OCl2 e non Cl2O, como era ata
agora.
¿Pero cantos átomos de cada elemento terá unha fórmula?
En todo composto químico neutro, o número de oxidación
aportado pola parte electropositiva debe coincidir en valor absoluto co da parte
electronegativa, é dicir, a carga total debe ser nula. Polo tanto debemos
calcular cantos átomos de cada elemento debe haber para que o composto
sexa electricamente neutro.
¿Que compostos darán os hipotéticos
átomos A e B con diferentes números de oxidación?
Átomo A |
Átomo B |
Átomos
de cada para que o composto sexa neutro |
Fórmula |
Exemplo |
|
A+I |
B–I |
(+1)+(–1)=0 |
AB |
Na+
Cl– |
NaCl |
A+II |
B–I |
(+2)+2(–1)=0 |
AB2 |
Ca+2
Br– |
CaBr2 |
A+II |
B–-III |
3(+2)+2(–3)=0 |
A3B2 |
Mg+2
N–3 |
Mg3N2 |
A+IV |
B–II |
(+4)+2(–2)=0 |
AB2 |
Pb+4
O–2 |
PbO2 |
|