Hidrácidos

¿Que son? ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome Exemplos Exercicios 
   

Introducción

      
O zume gástrico é un líquido claro segregado en abundancia por numerosas glándulas microscópicas diseminadas pola mucosa do estómago. O zume gástrico contén:
1) Auga
2) Ácido clorhídrico
3) Encimas: pepsina, renina gástrica e lipasa gástrica.
No estómago prodúcese a gastrina, unha hormona que vai ao sangue para logo regresar e estimular a produción de zume gástrico (a histamina tamén ten este efecto). A súa función é actuar principalmente sobre a dixestión das proteínas, polo efecto das encimas pepsina e renina, para favorecer a absorción dos nutrientes no intestino delgado. As células parietais producen ácido clorhídrico (HCl) que activa á encima pepsinóxeno que posteriormente se transforma en pepsina.
Pola presenza do ácido clorhídrico o pH toma un valor entre un e dous. Este medio ácido facilita a degradación (hidrólise) das proteínas para convertelas en unidades máis pequenas.
 

Zumes gástricos e dixestión

 

¿Que son?

    Son combinacións do hidróxeno cos Calcóxenos (grupo 16) e os Halóxenos (grupo 17).

    O hidróxeno actúa con número de oxidación +1, e son os únicos compostos binarios de hidróxeno onde o hidróxeno se formula á esquerda.    

¿Como se nomean?

   Nomenclatura de composición (usando prefixos multiplicadores):  Noméase o non metal terminado en "-uro" seguido de "de" e a palabra "hidróxeno" ou "dihidróxeno". 

    NONMETAL-uro de prefixo-hidróxeno

    Estes compostos denomínanse hidrácidos pola propiedade de que ó disolvelos en auga dan disolucións ácidas, é dicir, ceden hidróxeno con facilidade. Faise notar esta circunstancia co subíndice (aq) que indica disolución acuosa.

    Neste caso noméanse ca palabra "ácido" e o nome do non metal terminado en -hídrico.

    Ácido NONMETAL-hídrico

    Nomenclatura de sustitución. Noméanse os hidruros proxenitores coa raíz do elemento que acompaña ao hidróxeno e o sufijo -ano. A partir dos hidruros proxenitores obtéñense os seus derivados. Esta nomenclatura recoméndase soamente para os derivados dos hidruros proxenitores.

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula: Noméase o non metal terminado en “-uro”.

    Na fórmula: noméase como "ácido" e o nome do non metal terminado en -hídrico.

 

Se nos dan o nome

    No nome: O número de hidróxenos coincide co número de oxidación do non metal.

    No nome: O número de hidróxenos coincide co número de oxidación do non metal.

 

Exemplos

    Dentro deste grupo tamén podemos formular o HCN que presenta un hidróxeno ácido unido ó grupo cianuro que contén un triple enlace. Noméase como cianuro de hidróxeno, pero en disolución será ácido cianhídrico.

  Nomenclatura de sustitución

Nomenclatura de composición

 

Nome en disolución acuosa

HF Fluorano Fluoruro de hidróxeno HF(aq)  Ácido fluorhídrico
HCl Clorano Cloruro de hidróxeno HCl(aq)  Ácido clorhídrico
HBr Bromano Bromuro de hidróxeno HBr(aq) Ácido bromhídrico
HI Iodano Ioduro de hidróxeno HI(aq) Ácido iodhídrico
H2S Sulfano Sulfuro de dihidróxeno H2S(aq)  Ácido sulfhídrico
H2Se Selano Selenuro de dihidróxeno H2Se(aq) Ácido selenhídrico
H2Te Telano Telururo de dihidróxeno H2Te(aq)  Ácido telurhídrico
HCN   Cianuro de hidróxeno HCN(aq)  Ácido cianhídrico

 

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas 1 Nomes 1 Fórmulas 2 Nomes 2

 


Inicio | Introducción | Nº oxidación | Mecánica | Tipos de substancias | Substancias simples | Óxidos de metais | Óxidos de non metais | Metal - Non metal | Non metal - Non metal | Hidruros | Hidrácidos | H + Non metal | Hidróxidos | Oxácidos | Oxisales neutros | Oxisales ácidos | Exercicios | Taboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licencia Creative Commons
Esta obra está baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química