Para representar unha substancia química utilizamos as fórmulas
químicas, que nos indican os átomos que a forman, así como
o número ou proporción destes átomos en dita substancia.
A fórmula da auga, H2O, infórmanos de que está formada
de hidróxeno e osíxeno, e ademais que por cada átomo de
osíxeno temos dous átomos de hidróxeno.
|
Porque así conseguen máis estabilidade.
Cando se estudian as configuracións electrónicas
dos átomos vese que os electróns do nivel de valencia (a última
capa) teñen unha importancia especial xa que son os que participan na
formación dos enlaces e nas reaccións químicas. Tamén
estudiaches que os gases nobres teñen grande estabilidade, e eso débese
a que teñen os niveis electrónicos completos. Pois ben, ter os
niveis electrónicos completos será a situación á
que tendan a maioría dos átomos á hora de formar enlaces,
ou o que é o mesmo á hora de formar compostos.
|
Os átomos poden conseguir configuración de gas nobre de tres
formas: gañando, perdendo ou compartindo electróns con outros
átomos.
Nos elementos dos grupos representativos (alcalinos, alcalinoterreos,
grupo do B, grupo do C, grupo do N, calcóxenos e halóxenos) o
nivel de valencia complétase con oito electróns. Os átomos
con poucos electróns de valencia (alcalinos , alcalinotérreos,
etc.) tenderán a perdelos dando lugar a ións positivos (catións),
formando cos non metais compostos iónicos. Os átomos con moitos
electróns de valencia (halóxenos, calcóxenos, etc.) tenderán
a gañalos dando lugar a ións negativos (anións), formando
cos metais compostos iónicos, pero cos non metais compostos covalentes.
Os átomos cun número intermedio de electróns (o máis
característico é o grupo do carbono) tenderán a compartir
electróns con outros átomos dando lugar a compostos covalentes.
|
Os compostos son electricamente neutros, agás os
ións cando os formulemos separadamente. É dicir, a carga que aporten
todos os átomos dun composto ten que ser globalmente nula, debemos ter
nun composto tantas cargas positivas como negativas.
Pero para saber cal é a carga que aporta cada átomo
imos empregar un concepto moi útil que se chama número de oxidación.
|
O número de oxidación é un número enteiro que
representa o número de electróns que un átomo pon en xogo
cando forma un composto determinado.
O número de oxidación é positivo se o átomo perde
electróns, ou os comparte cun átomo que teña tendencia
a captalos. E será negativo cando a átomo gañe electróns,
ou os comparta cun átomo que teña tendencia a cedelos.
O número de oxidación escríbese en números romanos
(lémbrao cando vexamos a nomenclatura de Stock): +I, +II, +III, +IV,
-I, -II, -III, -IV, etc. Pero nesta páxina tamén usaremos caracteres
arábigos para referirnos a eles: +1, +2, +3, +4, -1, -2, -3, -4 etc.,
o que nos facilitará os cálculos ao tratalos como números
enteiros.
Nos ións monoatómicos a carga eléctrica coincide co número
de oxidación. Cando nos refiramos ao número de oxidación
o signo + o - escribirémolo á esquerda do número, como
nos números enteiros. Por otra banda a carga dos ións, ou número
de carga, débese escribir co signo á dereita do díxito:
Ca2+ ión calcio(2+), CO32- ión carbonato(2-).
¿Será tan complicado saber cal é o número de oxidación
que lle corresponde a cada átomo? Pois nada diso, basta con coñecer
o número de oxidación dos elementos que teñen un único
número de oxidación, que son poucos, e é moi fácil
deducilo a partir das configuracións electrónicas. Estes números
de oxidación aparecen na táboa seguinte. Os números de
oxidación dos demais elementos os deduciremos das fórmulas ou
nolos indicarán no nome do composto, así de fácil.
|