Para a súa nomenclatura empregaremos preferentemente a:
Nomenclatura de
composición (usando prefixos multiplicadores): consiste en antepor á palabra
“óxido” un prefixo que nos indique o número de osíxenos seguida de
“de” e o nome do non metal cun prefixo que nos indique o número de átomos
dese non metal.
Os prefixos que indican o número de átomos son:
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
mono- |
di- |
tri- |
tetra- |
penta- |
hexa- |
hepta- |
octa- |
nona- |
deca- |
undeca- |
dodeca- |
Prefixo-óxido de prefixo-NONMETAL
O prefixo mono- só se emprega antes que “óxido” e cando os
coeficientes estequiométricos sexan 1:1.
A IUPAC tamén acepta a nomenclatura de composición (usando números de oxidación) para estes óxidos, pero eu recomendo a nomenclatura de composición (usando números de oxidación) sempre que haxa átomos metálicos e a nomenclatura de composición (usando prefixos multiplicadores) cando os átomos sexan todos non metais.
|