Oxisales ácidos

¿Que son? ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome Exemplos Nomenclatura sistemática da IUPAC  |  Exercicios 
   

Introducción

      
As estalactitas fórmanse pola deposición de carbonato de calcio e outros minerais, que precipita de disolucións de auga mineralizada. A roca calcaria é o carbonato de calcio, que se disolve pola auga que contén dióxido de carbono formando unha solución de hidrogenocarbonato de calcio. A fórmula química desta reacción é:

CaCO3 (s) + H2O (l) + CO2 (aq) → Ca (HCO3)2 (aq) 

Esta disolución desprázase a través da roca ata chegar a un bordo e se é no teito dunha cova gotea. Cando a disolución entra en contacto co aire da reacción química invístese e as partículas de carbonato de calcio deposítanse. A reacción é: [1] 

Ca (HCO3)2 (aq) → CaCO3 (s) + H2O (l) + CO2 (aq) 

Unha tasa media de crecemento é 0,13 mm por ano.

As Covas do Rei Cintolo - Mondoñedo - Lugo

 

¿Que son?

    Os oxiácidos con máis dun hidróxeno non os ceden todos con igual facilidade. Fórmanse ións que aínda conteñen átomos de H. Estes ións pódense combinar con catións dando lugar ós sales ácidos.

¿Como se nomean?

   Nomenclatura tradicional aceptada.   

    Noméanse igual que os sales neutros engadindo os prefixos hidróxeno- ou dihidróxeno- diante do nome do sal neutro correspondente.

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula:   NaHCO3

a) Disociamos o sal nos seus ións

A partir da carga do catión (ión positivo) deducimos a carga do anión (ión negativo).

b) Deducimos o número de oxidación do átomo central, sabendo que o osíxeno ten número de oxidación -2 e o hidróxeno +1.

c) Lembrar os números de oxidación con que poden actuar os elementos centrais, e asignar prefixos e sufixos.

Séguese a nomenclatura de Stock, polo tanto se o metal pode ter outros números de oxidación indícase entre paréntese o que ten no composto.

Se nos dan o nome

    No nome: Hidroxenosulfito de sodio

a) Indicar cal é o catión. De ter varios posibles números de oxidación nolo teñen que indicar pola nomenclatura de Stock. E deducir polos prefixos e sufixos o número de oxidación do elemento central que participa no anión:

b) Formular o oxiácido de S+4

c) Deducir o anión a partir do ácido. O anión queda con tantas cargas negativas como hidróxenos perde o ácido. Escribir o composto de xeito que sexa electricamente neutro, colocando uns coeficientes estequiométricos que nos indiquen cantos catións e anións participan na fórmula.

 

Exemplos

 

  Catión Anión

Nome tradicional aceptado

NaHCO3 Na+ HCO3  Hidroxenocarbonato de sodio
Fe(HSO4)3 Fe HSO4  Hidroxenosulfato de ferro(III)
Ca(HSO3)2 Ca HSO3  Hidroxenosulfito de calcio
Ca(H2PO4)2 Ca H2PO4  Dihidroxenofosfato de calcio
K2HPO4 K+ HPO4  Hidroxenofosfato de potasio

 

Nomenclatura sistemática da IUPAC

      Igual que nos oxiácidos utilizamos dúas nomenclaturas: a aditiva e a estequiométrica.

      Nomenclatura aditiva dos anións: baséase na estructura dos anións, nomeando de diferente forma os osíxenos que están unidos aos hidróxenos ácidos (hidroxido),  os osíxenos unidos únicamente ao elemento central (oxido). Cada un destes nomes  acompáñase dos prefixos pertinentes: di-, tri-, tetra-, etc. e se nomean por orde alfabética seguidos do nome do átomo central terminado en -ato, e entre paréntese a carga do anión (segundo o sistema de Ewens-Bassett).

      Nomenclatura de hidróxeno dos anións: se baséase en nomear cun prefixo: di-, tri-, tetra-, etc. os hidróxenos e os átomos que participan no anión seguido do elemento central terminado en "-ato", e entre paréntese a carga do anión (segundo o sistema de Ewens-Bassett).

Anión

Nomenclatura de adición

Nomenclatura de hidróxeno

 HCO3  Hidroxidodioxidocarbonato(1–)  Hidroxeno(trioxidocarbonato)(1–)
 H2PO4  Dihidroxidodioxidofosfato(1–)  Dihidroxeno(tetraoxidofosfato)(1–)
 HPO42–  Hidroxidotrioxidofosfato(2–)  Hidroxeno(tetraoxidofosfato)(2–)
 HSO3  Hidroxidodioxidosulfato(1–)  Hidroxeno(trioxidosulfato)(1–)
 HSO4  Hidroxidotrioxidosulfato(1–)  Hidroxeno(tetraoxidosulfato)(1–)
 HSeO3  Hidroxidodioxidoseleniato(1–)  Hidroxeno(trioxidoseleniato)(1–)
 HSeO4  Hidroxidotrioxidoseleniato(1–)  Hidroxeno(tetraoxidoseleniato)(1–)

       Nomenclatura aditiva dos sales: Escríbese o nome do anión seguido do nome do catión, coa carga segundo o sistema de Ewens-Bassett en cantións que non teñan número de oxidación fixo.

      Nomenclatura de hidróxeno dos sales: Escríbese o nome do anión sen a carga, se é necesario cos prefixos bis, tris, tetrakis, pentakis, hexakis, etc. que nos indican a repetición do anión poliatómico. Seguido do catión, cos prefixos di, tri, tetra, etc que nos indican a repetición do catión.

Sal

Nomenclatura de adición

Nomenclatura de composición

 NaHCO3  Hidroxidodioxidocarbonato(1–) de sodio  Hidroxeno(trioxidocarbonato) de sodio
 Ca(H2PO4)2  Dihidroxidodioxidofosfato(1–) de calcio  Bis[dihidroxeno(tetraoxidofosfato)] de calcio
 K2HPO4  Hidroxidotrioxidofosfato(2–) de potasio  Hidroxeno(tetraoxidofosfato) de dipotasio
 Fe(HSO3)2  Hidroxidodioxidosulfato(1–) de ferro(2+)  Bis[hidroxeno(trioxidosulfato)] de ferro
 AgHSO4  Hidroxidotrioxidosulfato(1–) de prata  Hidroxeno(tetraoxidosulfato) de prata
 Ba(HSeO3)2  Hidroxidodioxidoseleniato(1–) de bario  Bis[hidroxeno(trioxidoseleniato)] de bario
 Fe(HSeO4)3  Hidroxidotrioxidoseleniato(1–) de ferro(3+)  Tris[hidroxeno(tetraoxidoseleniato)] de ferro

 

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas 1 Nomes 1 Fórmulas 2 Nomes 2 Fórmulas IUPAC 1 Nomes IUPAC 1 Fórmulas IUPAC 2 Nomes IUPAC 2

 


Inicio | Introducción | Nº oxidación | Mecánica | Tipos de substancias | Substancias simples | Óxidos de metais | Óxidos de non metais | Metal - Non metal | Non metal - Non metal | Hidruros | Hidrácidos | H + Non metal | Hidróxidos | Oxácidos | Oxisales neutros | Oxisales ácidos | Exercicios | Taboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licencia Creative Commons
Esta obra está baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química