Compostos Non Metal - Non Metal

¿Que son? ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome Exemplos Exercicios 
   

¿Que son?

    Son combinacións de dous non metais, distintos do osíxeno e o hidróxeno.

¿Como se nomean?

    Nomenclatura de composición (usando prefixos multiplicadores): Noméase o non metal da dereita rematado en “-uro” cun prefixo que indique o número de átomos que interveñen, seguido do nome do outro non metal cun prefixo que indique o número de átomos que interveñen.

    Prefixo-NONMETAL-uro de prefixo-NONMETAL

    Para saber neste tipo de compostos que elemento vai á dereita e que elemento vai á esquerda séguense as posicións da seguinte secuencia:

    Pero non te preocupes, as fórmulas en xeral danse correctamente.

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula: Lemos o composto ó revés, indicando cos prefixos o número de átomos de cada elemento que hai na fórmula.

 

Se nos dan o nome

    No nome: Tamén escribimos a fórmula ó revés traducindo os prefixos nos coeficientes estequiométricos da fórmula.

 

Exemplos

  Nomenclatura de composición
PCl3  Tricloruro de fósforo
BrF5  Pentafluoruro de bromo
As2Se3  Triseleniuro de diarsénico
Si3N4  Tetranitruro de trisilicio

 

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas 1 Nomes 1 Fórmulas 2 Nomes 2

 


Inicio | Introducción | Nº oxidación | Mecánica | Tipos de substancias | Substancias simples | Óxidos de metais | Óxidos de non metais | Metal - Non metal | Non metal - Non metal | Hidruros | Hidrácidos | H + Non metal | Hidróxidos | Oxácidos | Oxisales neutros | Oxisales ácidos | Exercicios | Taboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licencia Creative Commons
Esta obra está baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química