Hidróxidos

¿Que son? ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome Exemplos Exercicios 
   

Introducción

      
Frabricación de xabón

Nos nosos pobos era unha tarefa cotiá a elaboración de xabón a partir da graxa animal e da sosa cáustica ou hidróxido de sodio. Estes xabóns tamén os podemos elaborar con aceites usados, co que conseguiremos reciclar un produto moi contaminante cando se elimina polos desaugadoiros, cousa que nunca debemos facer.
 

Fabricación tradicional de xabón

 

¿Que son?

    Son compostos ternarios que conteñen un elemento metálico e tantas agrupacións OH (hidróxido) como o número de oxidación que manifeste o metal. Con máis propiedade poderíanse definir como combinacións entre catións metálicos e anións OH.

¿Como se nomean?

    Segundo a nomenclatura de composición (usando números de oxidación) noméanse coas palabras "hidróxido de" seguido do nome do metal e entre paréntesis o número de oxidación, en números romanos, no caso de que teña máis dun.

    Hidróxido de METAL(N)

 

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula: o número de oxidación do metal é igual ó número de ións OH

 

Se nos dan o nome

    No nome: O número de oxidación do metal se non é fixo nolo teñen que dar entre paréntese, logo a fórmula terá tantos OH como indica o número de oxidación do metal.

 

Exemplos

  Nomenclatura de composición
LiOH  Hidróxido de litio
Ba(OH)2  Hidróxido de bario
Fe(OH)3  Hidróxido de ferro(III)
Cr(OH)3  Hidróxido de cromo(III)
Al(OH)3  Hidróxido de aluminio

 

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas 1 Nomes 1 Fórmulas 2 Nomes 2

 


Inicio | Introducción | Nº oxidación | Mecánica | Tipos de substancias | Substancias simples | Óxidos de metais | Óxidos de non metais | Metal - Non metal | Non metal - Non metal | Hidruros | Hidrácidos | H + Non metal | Hidróxidos | Oxácidos | Oxisales neutros | Oxisales ácidos | Exercicios | Taboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licencia Creative Commons
Esta obra está baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química