|
|
¿Que son? | ¿Como se
nomean?
| Se nos dan a fórmula
| Se nos dan o nome |
Peróxidos | Exemplos
| Exercicios
|
|
Introducción |
Un dos óxidos metálicos máis coñecidos desde a antigüidade é o óxido de calcio, o cal vivo. En Orgaz (Toledo) recordan o antigo oficio de calero.
|
|
|
O oficio de calero en Orgaz - Toledo |
|
¿Que son? |
Son combinacións dun metal con osíxeno, nas que o osíxeno
ten número de oxidación -2.
|
|
¿Como se
nomean? |
Para a súa nomenclatura emprégase preferentemente a:
Nomenclatura de composición (usando números de
oxidación): Noméanse cas palabras “óxido de”
e o nome do metal seguido inmediatamente do número de oxidación co que actúa entre paréntese e
con números romanos. Se o número de oxidación do metal é fixo non cómpre
especificalo.
Óxido de METAL(N)
A IUPAC tamén acepta a nomenclatura de composición (usando prefixos multiplicadores) para estes óxidos, pero eu recomendo a nomenclatura de composición (usando números de oxidación) sempre que haxa átomos metálicos e a nomenclatura de composición (usando prefixos multiplicadores) cando os átomos sexan todos non metais.
|
|
Se nos dan a fórmula |
Na fórmula:
o osíxeno ten número de oxidación -2, e o número de oxidación do metal o
podemos deducir sabendo que o composto é neutro. Se é sempre o mesmo o debemos
coñecer e non fai falla deducilo.
|
|
Se nos dan o nome |
No nome:
fixarémonos no número de oxidación do metal, que está entre paréntese, se
non se indica é que o temos que saber, lembra a táboa
de números de oxidación. Como o número de oxidación do osíxeno é -2
só temos que calcular cantos átomos de cada precisamos para que o composto
sexa neutro.
|
|
Peróxidos |
Certos óxidos presentan osíxenos unidos entre si
mediante un enlace simple (–O–O–), como a agua osixenada ou peróxido de
hidróxeno H2O2 (H–O–O–H). O ion dióxido(2–) ou ion
peróxido, O22–, forma peróxidos con elementos dos grupos
1, 2, 11 e 12.
O osíxeno nestes compostos presenta número de
oxidación –1.
Como os elementos dos grupos 1, 2, 11 e 12
teñen case todos número de oxidación fixo, e debemos de coñecelo, non hai
confusión cos óxidos do ion óxido(2–), O2–. Por exemplo:
Peróxido |
Nombre de composición |
¿Posible confusión? |
Na2O2 |
Peróxido de sodio |
Se fora un óxido se simplificarían os
subíndices. Sería NaO, pero o Na só ten número de oxidación +1, non +2
como esixiría este composto. |
K2O2 |
Peróxido de potasio |
O mesmo que no exemplo anterior. |
MgO2 |
Peróxido de magnesio |
Se fora un óxido o magnesio tería número
de oxidación +4, pero non o ten pois o seu número de oxidación fixo é +2. |
CaO2 |
Peróxido de calcio |
O mesmo que no exemplo anterior. |
Cu2O2 |
Peróxido de cobre(I) |
Se fora óxido de cobre(II) sería CuO, e
se fora óxido de cobre(I) sería Cu2O. |
ZnO2 |
Peróxido de cinc |
Se fora un óxido o cinc tería número de
oxidación +4, pero non o ten pois o seu número de oxidación fixo é +2. |
|
|
Exemplos
|
|
Nombre de composición |
Na2O |
Óxido de sodio |
MgO |
Óxido de magnesio |
CaO |
Óxido de calcio |
Li2O |
Óxido de litio |
Ag2O |
Óxido de prata |
FeO |
Óxido de
ferro(II) |
Fe2O3 |
Óxido de
ferro(III) |
CrO3 |
Óxido de cromo(VI) |
TiO2 |
Óxido
de titanio(IV) |
Cu2O |
Óxido de cobre(I) |
CuO |
Óxido de cobre(II) |
ZnO |
Óxido de cinc |
|
|
Exercicios |
En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias
e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.
En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias
e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices,
por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio..
|