Substancias simples

¿Que son? ¿Como se nomean?  |   Exemplos  |  Ions  |  Exercicios 
   

Introducción

      
Sabemos que existen os átomos. Pero... de onde proveñen os átomos que forman todos os obxectos, ou o noso propio corpo? Este vídeo de Carl Sagan cóntanolo, e proponnos a suxestiva idea de que somos "po de estrelas", e non é poesía, é a realidade.  

COSMOS (Carl Sagan) Capitulo 9 - As vidas das estrelas

A partir de hoxe o Real Decreto 106/2008 fará que nos poñamos as pilas" á hora de reciclar as baterías de todo tipo. Serán os produtores os que teñan que facer un maior esforzo. Conteñen chumbo, cadmio e outros metais tan nocivos para a saúde como para o medioambiente. Por iso, desde hoxe obrígase aos fabricantes de pilas a crear o seu propio procedemento de recollida de residuos; un sistema integral de xestión similar ao que xa existe co vidro e o plástico. A dinámica deberán establecela a través de acordos cos concellos e Comunidades Autónomas. Terán que habilitar colectores para a recollida en zonas urbanas, puntos limpos, talleres de automoción e establecementos comerciais. O Real Decreto do Ministerio de Medio Ambiente - que hoxe entra en vigor- contempla, ademais, a posibilidade de cobrar un depósito aos consumidores ao adquirir as baterías, que se lle devolvería ao reciclalas, o que, de momento, non será obrigatorio nin tampouco aplicable a todos os fabricantes. O será, por exemplo, para as baterías de coche, pero non para as pilas convencionais.

Reciclado de pilas e baterías

¿Que son?

      Chamamos substancias simples ás que están constituídas por átomos dun só elemento. 

¿Como se nomean?

      En xeral noméanse co nome do elemento constituínte, e a súa fórmula será o símbolo químico do elemento (Fe, Na, Cu, C, etc), agás as seguintes moléculas gasosas (H2, N2, O2, O3) e as dos halóxenos (F2, Cl2, Br2, I2) que se presentan en forma diatómica ou triatómica, e se nomean segundo a nomenclatura de composición (usando prefijos multiplicadores), como di- ou tri-, anque é frecuente que aparezan sen prefixos. Os átomos destas moléculas cando aparecen illados levan o prefixo mono-.

      Os prefixos que indican o número de átomos son:

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
mono- di- tri- tetra- penta- hexa- hepta- octa- nona- deca- undeca- dodeca-

 

Exemplos

 
 

Nomenclatura de composición

Nome común

 

Nomenclatura de composición

Nome común

H2 Dihidróxeno Hidróxeno F2 Difluor Fluor
N2 Dinitróxeno Nitróxeno Cl2 Dicloro Cloro
O2 Diosíxeno Osíxeno Br2 Dibromo Bromo
O3 Triosíxeno Ozono I2 Diiodo Iodo
H Monohidróxeno Hidróxeno atómico F Monofluor Fluor atómico
N Mononitróxeno Nitróxeno atómico Cl Monocloro Cloro atómico
O Monoosíxeno Osíxeno atómico I Monoiodo Iodo atómico
P4 Tetrafósforo Fósforo blanco S8 Octaxofre  
S6 Hexaxofre   Sn Polixofre  
Fe Ferro   C Carbono  
Na Sodio   Ag Prata  
K Potasio   Sb Antimonio  
Hg Mercurio   Sn Estaño  
V Vanadio   Pb Chumbo  
Au Ouro   As Arsénico  

 

Ions

      Anque non son substancias simples pois aparecen sempre asociados a outros ions podemos nomear os ions máis sinxelos que logo atoparemos en outros compostos.

      Os ions son átomos ou agregados de átomos con carga eléctrica, positiva no caso dos catións e negativa nol caso dos anións.

      Catións monoatómicos: O símbolo do elemento  acompáñase dun superíndice co valor da carga seguido do signo máis. En+

      a) Sistema de Stock: Noméanse coa palabra catión e o nome do elemento seguido do número de oxidación sen o signo entre paréntese e en números romanos.

      b) Sistema de Ewens-Bassett: Noméanse coa palabra ion e o nome do elemento seguido do número de carga, co signo máis, entre paréntese.

      En elementos con número de oxidación fixo o número de oxidación e o número de carga no fai falla indicalos como se ve nos nomes comúns.

Catión Nome de Stock Nome de  Ewens-Bassett Nome común
K+ Catión potasio(I) Ion potasio(1+) Ion potasio
Na+ Catión sodio(I) Ion sodio(1+) Ion sodio
Mg2+ Catión magnesio(II) Ion magnesio(2+)

Ion magnesio

Ca2+ Catión calcio(II) Ion calcio(2+) Ion calcio
Al3+ Catión aluminio(III) Ion aluminio(3+) Ion aluminio
Fe2+ Catión ferro(II) Ion ferro(2+)

 

Fe3+ Catión ferro(III) Ion ferro(3+)  
Cu2+ Catión cobre(II) Ion cobre(2+)  
Cu+ Catión cobre(I) Ion cobre(1+)  
Ag+ Catión prata(I) Ion prata(1+) Ion prata
Au3+ Catión ouro(III) Ion ouro(3+)  
Zn2+ Catión cinc(II) Ion cinc(2+)

Ion cinc

Cd2+ Catión cadmio(II) Ion cadmio(2+) Ion cadmio

      Catións homopoliatómicos: Séguese o sistema de Ewens-Bassett cun prefixo que nos indique o número de átomos.

Catión

Nome de  Ewens-Bassett

O2+ Ion diosíxeno(1+)
H3+ Ion trihidróxeno(1+)
S42+ Ion tetraxofre(2+)
Hg22+ Ion dimercurio(2+)

      Anións monoatómicos: O símbolo do elemento se acompáñase dun superíndice co valor da carga seguido do signo menos. En–

      Sistema de Ewens-Bassett: Noméanse coa palabra ion e o nome do elemento terminado en -uro seguido do número de carga, co signo menos, entre paréntese. Para o O2–  resérvase a palabra óxido.

      En elementos con número de oxidación negativo fixo o número de carga non fai falla indicalo como se ve nos nomes comúns.

Anión Nome de  Ewens-Bassett Nome común
H Ion hidruro(1–) Ion hidruro
B3– Ion boruro(3–) Ion boruro
C4– Ion carburo(4–) Ion carburo
Si4– Ion siliciuro(4–) Ion siliciuro
N3– Ion nitruro(3–) Ion nitruro
P3– Ion fosfuro(3–) Ion fosfuro
As3– Ion arseniuro(3–) Ion arseniuro
O2– Ion óxido(2–) Ion óxido
S2– Ion sulfuro(2–) Ion sulfuro
Se2– Ion seleniuro(2–) Ion seleniuro
Te2– Ion telururo(2–) Ion telururo
F Ion fluoruro(1–) Ion fluoruro
Cl Ion cloruro(1–) Ion cloruro
Br Ion bromuro(1–) Ion bromuro
I Ion ioduro(1–) Ion ioduro

      Anións homopoliatómicos: Séguese o sistema de Ewens-Bassett cun prefixo que nos indique o número de átomos.

     

Anión Nome de  Ewens-Bassett Nome común
O2 Ion dióxido(1–) Ion superóxido
O22– Ion dióxido(2–) Ion peróxido
O3 Ion trióxido(1–) Ion ozónido
S22– Ion disulfuro(2–)  
N3 Ion trinitruro(1–) Ion azida
C22– Ion dicarburo(2–) Ion acetiluro
I3 Ion triioduro(1–)  

 

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.
En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio..

Fórmulas 1 Nomes 1 Fórmulas 2 Nomes 2 Fórmulas 3 Nomes 3 Fórmulas 4 Nomes 4

 


Inicio | Introducción | Nº oxidación | Mecánica | Tipos de substancias | Substancias simples | Óxidos de metais | Óxidos de non metais | Metal - Non metal | Non metal - Non metal | Hidruros | Hidrácidos | H + Non metal | Hidróxidos | Oxácidos | Oxisales neutros | Oxisales ácidos | Exercicios | Taboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licencia Creative Commons
Esta obra está baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química