Alcohois

¿Que son?  |  ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome  |  Exemplos  |  Modelos moleculares | Exercicios
   

¿Que son?

    A súa estructura é similar á dos hidrocarburos, nos que se substituíu un ou máis átomos de hidróxeno por grupos "hidroxilo", -OH.  

¿Como se nomean?

    Noméanse como os hidrocarburos dos que proceden, pero coa terminación "-ol", e indicando cun número localizador, o máis baixo posible, a posición do grupo alcohólico. Segundo a posición do carbono que sustenta o grupo -OH, os alcohois denomínanse primarios, secundarios ou terciarios.  

2-butanol

    Se na molécula hai máis dun grupo -OH utilízase a terminación "-diol", "-triol", etc., indicando con números as posicións onde se atopan eses grupos. Hai importantes polialcohois como a glicerina "propanotriol", a glicosa e outros hidratos de carbono. 

1,2,3-propanotriol ou glicerina

    Cando o alcohol non é a función principal, noméase como "hidroxi-", indicando o seu número localizador correspondente.  

3-hidroxi-4-metilpentanal

 

Se nos dan a fórmula

    Sitúa os localizadores a partir do extremo que teña máis preto un grupo alcohol. Escribe os localizadores dos grupos OH seguidos do nome do hidrocarburo terminado en -ol, -diol, -triol, etc. segundo corresponda.

Se nos dan o nome

 

    Sobre o esqueleto de átomos de carbono sitúa os grupos OH e completa cos hidróxenos.

Exemplos

 

etanol
2-propanol
3-buten-1-ol

propanotriol  (glicerol ou glicerina)

 

4-metilciclohexanol
2-hidroxibutanal

 

Modelos moleculares

Pulsa sobre calquera foto para ver os modelos moleculares en visión estereoscópica ou en 3D

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2

 


Inicio | Introducción | Conceptos previos | Tipos de compostos | Alcanos | Alquenos | Alquinos | H. cíclicos | H. aromáticos | Haloxenuros | Alcohois | Fenois | Éteres | Aldehidos | Cetonas | Ac. carboxílicos | Ésteres | Aminas | Amidas | Nitrocompostos | Nitrilos | Exercicios | Moléculas 3D | Táboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química