Noméanse interpoñendo a partícula "-oxi-"
entre os dous radicais. Considérase o composto como derivado do radical máis
complexo, así diremos metoxietano, e non etoximetano.
|
metoxietano |
Tamén podemos nomear os dous radicais, por orde
alfabética, seguidos da palabra "éter".
|
etil isopropil éter |
En éteres complexos podemos empregar outros métodos:
Se os grupos unidos ó osíxeno son iguais e posúen unha función preferente
sobre a éter, despois dos localizadores da función éter se pon a partícula oxi-
e o nome dos grupos principais.
 |
3,3'-oxidipropan-1-ol |
Se aparecen varios grupos éter noméanse como se cada un substituíra a un CH2
a través da partícula -oxa-.
 |
3,6-dioxaheptan-1-ol |
Se un grupo éter está unido a dous carbonos contíguos dun hidrocarburo
nomése coa partícula epoxi-.
 |
2,3-epoxibutano |
|