Os
hidrocarburos cíclicos noméanse igual que os hidrocarburos (alcanos, alquenos
ou alquinos) do mesmo número de átomos de carbono, pero antepondo o prefixo
"ciclo-".
|
ciclobutano |
Se o ciclo ten varios substituintes numéranse de forma que reciban os
localizadores máis baixos, e ordénanse por orde alfabética. No caso de que
haxa varias opcións decidirá a orde de preferencia alfabética dos radicais.
|
1-etil-3-metil-5-propilciclohexano |
No caso de aneles con insaturacións, os carbonos numéranse
de modo que ditos enlaces teñan os números localizadores máis baixos.
|
3,4,5-trimetilciclohexeno |
Se o composto cíclico ten cadeas laterais máis ou
menos extensas, convén nomealo como derivado dunha cadea lateral. Nestes casos,
os hidrocarburos cíclicos nomearíanse como radicais coas terminacións "-il",
"-enil", ou "-inil".
|
3-ciclohexil-4-ciclopentil-2-metilhexano |
|
Sitúa os localizadores sobre os
carbonos do ciclo tendo en conta que debes conseguir os valores máis baixos
para os mesmos. Nomea os radicais, cos correspondentes localizadores, por orde
alfabética seguidos do nome do hidrocarburo de igual número de carbonos do
ciclo, precedido do prefixo ciclo-.
|