Alquinos

¿Que son?  |  ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome  |  Exemplos  |  Modelos moleculares | Exercicios
   

¿Que son?

    Son hidrocarburos de cadea aberta que se caracterizan por ter un ou máis triples enlaces, Carbono-Carbono.  

¿Como se nomean?

    En xeral a súa nomenclatura segue as pautas indicadas para os alquenos, pero terminando en "-ino".

    É interesante a nomenclatura dos hidrocarburos que conteñen dobres e triples enlaces na súa molécula.

·        Neste caso, hai que indicar tanto os dobres enlaces como os triples, pero con preferencia polos dobres enlaces que serán os que dan nome ó hidrocarburo. Chamaremos a estes compostos eninos, nomearemos antes os dobres enlaces e logo os triples.

1-buten-3-ino o but-1-en-3-ino (según normas IUPAC de 1993)

·        A cadea principal é a que teña maior número de insaturacións (indistintamente), é dicir dobles ou triples enlaces, pero buscando que os números localizadores sexan os máis baixos posibles. No caso de igualdade teñen preferencia os carbonos con dobre enlace.

4-(3-pentinil)-1,3-nonadien-5,7-diino

 

Se nos dan a fórmula

 

    Busca a cadea máis longa que conteña tódolos triples enlaces, neste caso é de 5 carbonos. Numera os carbonos comezando polo extremo que teña máis preto unha insaturación, é dicir, un triple enlace. Marca os radicais e fíxate a que carbonos están unidos. Nomea os localizadores seguidos dos nomes dos radicais por orde alfabética. Por último, nomea a cadea principal co prefixo correspondente e terminada en -ino.

Se nos dan o nome

 

    Escribe a cadea máis longa de carbonos, neste caso 5 carbonos. Sitúa os triples enlaces nos carbonos que nos indican os localizadores, o 1 e 4. Sitúa os radicais sobre a cadea coa axuda dos localizadores. Completa o esqueleto de carbonos con hidróxenos ata completar os catro enlaces de cada carbono.

Exemplos

etino (acetileno)
propino
1-butino o but-1-ino
2-butino o but-2-ino
etinilo
2-propinilo o prop-2-inilo
1-propinilo o prop-1-inilo
1-pentino

 

Modelos moleculares

Pulsa sobre calquera foto para ver os modelos moleculares en visión estereoscópica ou en 3D

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2

 


Inicio | Introducción | Conceptos previos | Tipos de compostos | Alcanos | Alquenos | Alquinos | H. cíclicos | H. aromáticos | Haloxenuros | Alcohois | Fenois | Éteres | Aldehidos | Cetonas | Ac. carboxílicos | Ésteres | Aminas | Amidas | Nitrocompostos | Nitrilos | Exercicios | Moléculas 3D | Táboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química