¿Queres
aprender ou repasar a Formulación Orgánica? Esta
web vaiche axudar. Xa que presenta os principais tipos de compostos
orgánicos e como se formulan conforme á normativa
da IUPAC.
Adícalle un pouco do teu
tiempo a esta páxina e comprobarás de seguido que sabes formular e nomear
compostos orgánicos. Ten paciencia ao principio, sé constante, e verás como
progresas.
Para cada tipo de compostos tes unha breve explicación e algúns
exemplos. Os
gifs animados
pretenden indicarche o camiño para dar cos nomes ou coas fórmulas dos
compostos. Tamén tes exercicios onde poñer a proba o que vas
aprendendo. Son exercicios tipo test. O botón "Corrixir"
avalía os
exercicios e che indica cal era a opción que debías elixir, e o botón "Borrar"
permíteche repetir o exercicio se o cres conveniente.
En
"Moléculas en 3D"
poderás disfrutar observando modelos
en 3D. Non cho perdas.
Nos exercicios
finais poderás atopar os compostos que foron saíndo nas PAAU
nos derradeiros anos.
Ó final tes unha
Táboa Periódica
actualizada e con moitos datos de cada un dos elementos químicos.
Espero que che sexa de grande
axuda. Se é así recoméndalla aos teus
amigos.