Alquenos

¿Que son?  |  ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome  |  Exemplos  |  Modelos moleculares | Exercicios
   

¿Que son?

    Son hidrocarburos de cadea aberta que se caracterizan por ter un ou máis dobres enlaces, C=C.

¿Como se nomean?

    Noméanse igual que os alcanos, pero coa terminación en "-eno". De tódolos xeitos, hai que seguir as seguintes regras:

·        Escóllese como cadea principal a máis longa que conteña o dobre enlace. De haber ramificacións tómase como cadea principal a que conteña o maior número de dobres enlaces, anque sexa máis curta que as outras.

3-propil-1,4-hexadieno

·        Comézase a contar polo extremo máis preto a un dobre enlace, co que o dobre enlace ten preferencia sobre as cadeas laterais á hora de nomear os carbonos, e  noméase o hidrocarburo especificando o primeiro carbono que contén ese dobre enlace.

4-metil-1-penteno

·        No caso de que houbera máis dun dobre enlace empréganse as terminacións, "-dieno", "-trieno", etc., precedidas polos números que indican a posición deses dobres enlaces.

1,3,5-hexatrieno

 

Se nos dan a fórmula

 

    Busca a cadea máis longa que conteña tódolos dobres enlaces, neste caso é de 5 carbonos. Numera os carbonos comezando polo extremo que teña máis preto unha insaturación, é dicir, un dobre enlace. Marca os radicais e fíxate a que carbonos están unidos. Nomea os localizadores seguidos dos nomes dos radicais por orde alfabética. Por último, nomea a cadea principal co prefixo correspondente e terminada en -eno.

Se nos dan o nome

 

    Escribe a cadea máis longa de carbonos, neste caso 5 carbonos. Sitúa o dobre enlace no carbono que nos indica o localizador, o 2. Sitúa os radicais sobre a cadea coa axuda dos localizadores. Completa o esqueleto de carbonos con hidróxenos ata completar os catro enlaces de cada carbono.

 

Exemplos

 

eteno (etileno)
propeno
1-buteno
2-buteno
etenilo (vinilo)
2-propenilo (alilo)
1-propenilo
1,3-butadieno
3-etil-4-metil-1-penteno
6-metil-3-propil-1,3,5-heptatrieno

 

Modelos moleculares

Pulsa sobre calquera foto para ver os modelos moleculares en visión estereoscópica ou en 3D

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2

 


Inicio | Introducción | Conceptos previos | Tipos de compostos | Alcanos | Alquenos | Alquinos | H. cíclicos | H. aromáticos | Haloxenuros | Alcohois | Fenois | Éteres | Aldehidos | Cetonas | Ac. carboxílicos | Ésteres | Aminas | Amidas | Nitrocompostos | Nitrilos | Exercicios | Moléculas 3D | Táboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química