Noméanse como o ácido do que proveñen, pero coa terminación "-amida".
 |
etanamida ou acetamida |
Se se trata de amidas substituídas hai que especificar os radicais unidos ó
nitróxeno antepondo a letra N.
|
N-metiletanamida |
Utilízase o sufixo -carboxamida para o grupo -CO-NH2
cando o ácido de referencia noméase usando o sufixo -carboxílico.
 |
1,2,4-butanotricarboxamida |
Cando a función amida non é a principal, o grupo -CO-NH2
noméase polo prefixo carbamoil-, e un grupo como -CO-NH-CH3
polo prefixo metilcarbamoil-. O grupo -NH-CO-CH3 noméase como
acetamido-, e o grupo -NH-CO-CH2-CH2-CH3
como propanocarboxamido-.
 |
ácido 4-carbamoilhexanoico |
 |
ácido 4-etanocarboxamidohexanoico |
|