Noméanse engadindo ó nome do radical hidrocarbonado o sufixo "-amina".
 |
metilamina |
Nas aminas secundarias e terciarias,
se un radical se repite utilízanse os prefixos "di-"
ou "tri-", anque, frecuentemente, e para evitar confusións, escóllese
o radical maior e os demais noméanse antepondo unha N para indicar que están
unidos ó átomo de nitróxeno.
 |
N-etil-N-metilpropilamina |
Cando as aminas primarias non forman parte da cadea
principal noméanse como substituíntes da cadea
carbonada co seu correspondente número localizador e o prefixo "amino-".
 |
ácido 2-aminopropanoico |
Cando varios N formen parte da cadea principal noméanse
co vacablo aza.
 |
2,4,6-triazaheptano |
Os N que non formen parte da cadea principal noméanse
como amino-, aminometil-, metilamino-, etc.
 |
2-amino-3-aminometil-5-metilamino-1,6-hexanodiamina |
|